Skip to Content

Emprende Xove

Ver galería de imaxes

O venres 28 tivemos representaciónde tres grupos de 1º de BAC no evento Emprende Xove organizado pola Asociación de Xoves Empresarios de Ferrolterra na Feira de Mostras na Malata en Ferrol, os nosos rapaces presentaron tres propostas de empresa moi interesantes: Buenos días María adicada ao cátering de almorzos a domicilio mediante drons,  Star Events adicada á organización de eventos (bodas, comunións, cumpreanos, enterros...) e por último Pro 3D empresa xeradora de prótese en 3D de silicona.

Aínda que non resultaron gañadores, os tres grupos traballaron moito e supuxo unha moi boa experiencia sobre o funcionamento dunha empresa e como poñela en funcionamento.

Norabóa aos rapaces por tan bo traballo e adicación!



blog | by Dr. Radut