Skip to Content

blogue debegonals

Viaxe a Londres 2023

 Este é un resumo dos momentos máis representativos da viaxe, ademais dos vídeos que mostran a nosa estancia na capital británica, o enlace coa galería de fotos a atoparedes na aula virtual:

Mércores 19 Madame Tussauds’

Xoves 20 Tour guiado pola cidade

I Concurso Marcapáxinas Letras Galegas 2023

Leede as bases e non deixedes de participar. As plantillas volas facilitarán os vosos profesores de galego, debuxo ou ben as podedes atopar na biblioteca.

Visita de autores: Eva Mejuto

Hoxe 27 de marzo Eva Mejuto acompañounos para presentar a súa última obra A ladroa da biblioteca de Meiras e falarnos da memoria histórica que tamén retratou en Memoria do silencio e A lavandeira de San Simón sembre desde a perspectiva da rapazada e as mulleres que lles tocou vivir eses tempos.

Ana Alonso na nosa biblioteca

 

Ana Alonso visitounos onte 10 de marzo para falar da súa obra e presentarnos "20 días de abril", unha novela onde un grupo de rapaces sobreviven ao confinamento nunha residencia estudiantil na Universidade de Sterling, Escocia; falan de curiosidades e vivencias dos seus países de orixe, destacando as diferencias pero tamén as similitudes.

Andrea Maceiras e "Que me pare o corazón se te esquezo"

Onte tivemos o pracer de contar con Andrea Maceiras quen veu falarnos da súa última novela "Que me pare o corazón se te esquezo" así como doutras que tamén leramos no club como "O que sei do silencio" e así fixemos lecturas compartidas.

Erasmus en Cardiff cos alumnos de 4º ESO

No adxunto veredes o programa de actividades que tivemos en Cardiff.

Formación Profesional, o teu futuro?

Coñecer a oferta educativa é imprescindible para saber o que podes facer, de aí a visita que fixéstedes a semana pasada, pero tamén é relevante facer algunha enquisa para determinar a familia profesional que se axusta ás túas características persoais. Preme para acceder ás enquisas e máis información.

 

Tempo de Rosalía

Grazas aos rapaces da ESO que compuseron a súa visión de Rosalía.

Entroido 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut