Skip to Content

Gran Final da IV Olimpíada Cultural O Saber ten Premio

O venres 29 de maio celebrouse no IES Fernando Blanco a Gran Final da IV Olimpíada Cultural O Saber Ten Premio. Na que participaron os tres equipos finalistas: Ángeles de Acero, ASDFG e Os Picapedra

Esta final constou de dúas partes:

A primeira parte, na que os tres equipos tiveron que contestar a 20 preguntas extraídas ao chou entre 616 preguntas elaboradas por todo o profesorado do centro e de todas as materias e de todas as ensinanzas que se imparten no IES Fernando Blanco, mediante un programa informático elaborado por Martín Pardiñas Fondo. Nesta primeira parte resultaron clasificados os equipos Ángeles de Acero con 18 puntos e ASDFG con 15.

A segunda parte consistiu nun debate sobre o tema “É mellor a vida no mundo rural ou no mundo urbano?”, na que os dous equipos defenderon posturas opostas. Esta parte foi xulgada por un xurado composto por tres profesores e profesoras do centro.

Despois destas dúas partes resultou gañador do 1º premio, dotado con 600 €, desta IV Olimpíada Cultural o equipo Ángeles de Acero, composto por: Daniel Castro Lado, Mónica Allo González, Fátima Martínez Carril, Kelly Trillo Agulleiro e Tania Martínez Carril.

En 2º lugar, cun premio de 400 €, quedou o equipo ASDFG, composto por: Aida Pérez Lago, Sergio Grandío Rodríguez, Daniel Lado Campaña, Alejandro Fernández Castelo e Adrián Garea Fernández.

O 3º clasificado, galardoado cun premio de 300 €, foi o equipo Os Picapedra, composto por:  Belén Picallo Fernández, Sandra Soneira Vieites, Ismael Lago Mesías, Diego López González e Gemma Felipe Solano.

A gala estivo conducida por Darío Areas, secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e responsable do seu Museo, contou cunha nutrida presenza de familiares do alumnado participante que, ademais, puideron asistir a varias actuacións musicais a cargo de Javier Turnes, Rafael Poncela, Andrés Parada e Paula Castiñeira.

Os premios desta Olimpíada Cultural contaron co patrocinio de FERROATLÁNTICA e o director da zona noroeste de FERROATLÁNTICA, don Carlos Oliete Fernández, estivo presente e fixo entrega dos premios aos equipos.

Tamén estivo presente a inspectora de educación dona Magdalena Duarte Blanco.

Nesta cuarta edición participaron un total de 10 equipos que pasaron por varias eliminatorias ao longo do curso ata chegar tres equipos a esta Gran Final.

 

Los Becarios

 

 

J.Manuel Abuelo Rey

J. Manuel Bermúdez Piñeiro

Samuel Rama Santiago

Alexander Mouzo

María Villar Piñeiro

1º A Bac

1º A Bac

1º CM Auto

1º CM X. Admva.

4º ESO

 

 

Equipo Olímpico

Xavier Pérez Soto

Rubén Senlle Blanco

Tamara Rodríguez Caamaño

Marcos Rodríguez Caamaño

Marta Santiago Romero

1º A Bac

1º A Bac

1º CM X. Admva.

1º CM X. Admva.

3º ESO

 

 

Vox Populi

Ánxela Pérez Costa

Xosé Marcote Fernández

Miguel Rodríguez Sendón

Daniel Ángel del Río Castiñeira

Cristina Paz Insua

2º B Bac

2º B Bac

1º CS Adm

1º CS Adm

3º ESO

 

 

Dépor-Vida

 

 

Iván Sar Papín

María Silva Trillo

Gabriel Vigo Fernández

José Ángel Gándara López

Elisa Lema Gómez

1º A Bac

1º B Bac

1º CM Elect

1º CM Elect

3º Eso

 

 

 Ángeles de Acero

 

 

Daniel Castro Lado

Mónica Allo González

Fátima Martínez Carril

Kelly Trillo Agulleiro

Tania Martínez Carril

2º B Bac

2º B Bac

1º CS Adm

1º CS Adm

FPBásica Elec

Los Obligados

Lorena Rey Castiñeira

Andrea Vigo Vaquero

Santiago Salgueiros Bouzón

Demetrio Trillo Trillo

José Mª Rabuñal Varela

2º A Bac

2º A Bac

1º CM Mant. Elec

1º CM Mant. Elec

mód.4-EPA

Os Picapedra

Belén Picallo Fernández

Sandra Soneira Vieites

Ismael Lago Mesías

Diego López González

Genma Felipe González

2º A Bac

2º A Bac

1º CM Auto

1º CM Auto

3º ESO

Os Recrutas

Esteban Sendón Rodríguez

Jessica Díaz Suárez

Noé Blanco Domínguez

Carlos Rivas Martínez

Andrea Rodríguez Trillo

2º B Bac

2º B Bac

1º CM Elec

1º CM Elec

3º ESO

Los Delfines

Abraham Vilela Sambad

Cristina Sendón García

Zaira Alvite Moure

Alma Guadamuro Picó

Ana Blanco Lago

2º C Bac

2º C Bac

1º CS Adm

1º CS Adm

1º ESO

ASDFG

 

 

 

 

 

Aida Pérez Lago

Sergio Grandío

Daniel Lado Campaña

Alejandro Fernández Castelo

Adrián Garea Fernández

1º A Bac

1º B Bac

1º CM Mant. Elec

1º CM Mant. Elec

3º ESO

 

 Equipo gañador Ángeles de AceroEquipo segundo clasificado ASDFGOs tres equipos finalistas Os gañadores, Ángeles de AceroEn segundo lugar, ASDFGOs terceiros clasificados, Os PicapedraPaula CastiñeiraUn momento blues, con Professor Turnes, Mississippi e Andrés

IV Edición das Becas-Premio Fundación Fernando Blanco de Lema

A Fundación Fernando Blanco de Lema (patrocinada por FerroAtlántica e o Concello de Cee) e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee veñen de convocar a cuarta edición das Becas-Premio Fernando Blanco, correspondentes ao curso 2014-2015. Tras o éxito das convocatorias anteriores, Fundación e Instituto seguen a lembrar con elas que o obxectivo de D. Fernando Blanco de Lema foi a construción na súa vila natal, dun centro de primeira e segunda ensinanza, cuxa finalidade era a correcta formación dos alumnos/as da comarca, buscando con iso que non tivesen as carencias formativas que el, e outros tantos coma el, tiveron nas súas infancias. Que mellor maneira de lembrar este feito que a través duns Premios que leven o seu nome, destinados a recoñecer o esforzo do alumnado deste emblemático centro educativo.

Ao igual que en cursos pasados, os devanditos Premios teñen por finalidade premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee (cursos: 1º de F.P. Básica; 3º da E.S.O; 1º Bacharelato; 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior). Cada unha das Becas-Premio está valorada en 512 € (200 € en metálico e 312 € en vales de compra a consumir nos establecementos colaboradores).

Os alumnos/as que opten a estes Premios deberán ter todas as materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5.

A cerimonia de entrega das mesmas, celebrarase o 5 de setembro no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco.

Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco contan coa colaboración desinteresada dun total de 13 entidades: Deputación da Coruña, Estación de Servicio Bazarra, Centro Comercial Finisterrae, Ler Librerías, Fersi Papelería, Aurora Sport, Cabo Sport, Grupo Santitel-Vodafone, Librería Trazos, Roberto G. Rigaut (Mapfre), Compucee, Xardinería Vieites e Seguros Costa da Morte.

 

 

Entroido 2015

O pasado venres 13 de febreiro de 2015, celebrouse un Festival de Entroido no IES Fernando Blanco de Cee, no que participou toda a comunidade educativa.

Houbo premios para os disfraces máis orixinais, actuacións musicais, concursos e moitas risas.

Un grupo de profesores e persoal non docente montaron o poboado de Astérix, preparando a poción máxica para vencer a César e os romanos que, como diría Obélix, están tolos.

Houbo minions, comandos das forzas armadas, catwomen e moitos máis disfraces.

 Foi unha xornada diferente, na que todas as persoas participantes e espectadores o pasaron moi ben.

Panorámix preparando a poción máxicaUn momento do festival

Celebración do Samaín

 

 

Este curso celebramos novamente a festa do Samaín.

O xoves 30 de outubro representáronse na biblioteca as seguintes lecturas adaptadas acompañadas de son e imaxe:

  • A cita. Historia inventada pola profesora de Pedagoxía Terapéutica.
  • Unha broma?. Historia inventada por unhas alumnas de 1º de Bacharelato.
  • A morte en persoa de José Doval González.
  • Parézoche fermosa?. Historia inventada por unha alumna de 1º de Bacharelato.
  • A escola assombrada. Historia en lingua portuguesa inventada polo profesor de galego e do obradoiro de portugués.
  • Medo e máis medo, de Ánxel Fole.

Este ano para rematar contamos con dúas actuacións musicais amenizadas polo profesor de filosofía e unha alumna e un alumno de 2º de Bacharelato:

  • Ghostbusters (Cazapantasmas).
  • Thriller de Michael Jackson.

Colaboradores/participantes:

Equipo e Grupo de traballo da biblioteca, Dirección do centro, D.O. e ENDL: con axudas económicas para as compras, aportando ideas, decorando a biblioteca, preparando vestimentas e maquillaxes, seleccionando, inventando, traducindo e adaptando as lecturas aos espectador@s, como técnicos de música e son, axudando aos lectores na preparación da posta en escena,…

Alumnado: creando e aportando vestimentas e adornos, colaborando no atrezzo, participando directamente como contacontos e dramaturg@s nas súas representacións. De novo salientar este ano o número e a heteroxeneidade do alumnado participante: 14 estudantes dos distintos cursos da ESO e Bacharelato.

O profesor de Plástica: participando na decoración, maquillaxe de actores e actrices e na documentación fotográfica.

Asociación “Comic” de Fisterra: prestounos 4 disfraces da Santa Compaña.

 

Destacar que esta actividade implica o compromiso de moita xente (profesorado, alumnado, bedeis, familias) e un traballo de día a día; que comeza un mes antes preparando o decorado, os textos e ensaiando as súas representacións.

 

Participantes do Samaín 2014Un participante no Samaín 2014

III Becas-Premio Fundación Fernando Blanco de Lema

O pasado sábado 6 de setembro, tivo lugar no salón de actos do IES Fernando Blanco a cerimonia de entrega das Becas-Premio Fernando Blanco correspondentes ao curso académico 2013-2014. Estas becas foron creadas para premiar o esforzo nos estudos do alumnado do noso centro e están organizadas polo IES Fernando Blanco e pola Fundación Fernando Blanco de Lema, entidade que conta co patrocinio da empresa Ferroatlántica, do Concello de Cee e da Deputación da Coruña.

Estas Becas-Premio, tratan de recuperar a tradición que xa se iniciara no ano 1886 cando, ao remate do primeiro curso académico no colexio Fernando Blanco, se premiou aos estudantes cos mellores expedientes académicos.

A cerimonia, que foi conducida polo secretario da Fundación Darío Areas, iniciouse ás 12,00 horas e nela estiveron presentes a alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez Pérez, membros do Padroado da Fundación Fernando Blanco de Lema, profesorado do I.E.S Fernando Blanco, representantes das casas colaboradoras, representación de Ferroatlántica e familiares dos alumnos premiados.

Tamén estivo presente Inés Ayala, alumna que tamén foi premiada, pero en 1939. Quen nos relatou anecdotas relacionadas co premio.

Entregáronse un total de 5 becas aos mellores expedientes académicos que nesta edición lle corresponderon a:

María Villar Piñeiro, de 3º da ESO, cunha nota media de 9,25.

Raquel Canosa Pequeño, de 1º de Bacharelato, cunha nota media de 9,60.

Fermín Pérez Cundíns, de 1º de CM de Mantemento electromecánico cunha nota media de 9,40.

Estrella Santamaría Vázquez, de 1º de CS de Administración e Finanzas, cunha nota media de 10.

Ángel Manuel del Río Martínez, de Módulo II de E.P.A.cunha nota media de 8,75.

 A entrega das distintas Becas-Premio, consistentes nun cheque de 200 € en metálico e outros 312 € en vales de compra foi realizada por representantes das empresas patrocinadoras que foron: Ferroatlántica, Estación de Servizo Bazarra, Librería Trazos, Ler Librerías, Fersi Papelería, Aurora Sport, Cabo Sport, Grupo Santitel, Centro Comercial Finisterrae, Compucee, Hotel-Restaurante Praia de Quenxe e Roberto G. Rigaut.

Os premiados, de esquerda a dereita, Fermín Pérez, Estrella Santamaría, Raquel Canosa, María Villar e Ángel del Río

Representación da obra "Licor café por compaixón" e outras actividades

No Salón de Actos representouse a obra de teatro titulada “Licor café por compaixón ou ¡Santiago y cierra España!” a cargo do grupo de teatro “Tuéjele”, integrado por alumnado do IES Fernando Blanco, que levan durante todo o curso ensaiando e facendo os preparativos para a estrea de hoxe. Á representación asistiron, ademais do alumnado e profesorado do IES Fernando Blanco, familiares dos alumnos e alumnas protagonistas, que o pasaron moi ben coa divertida comedia, inspirada na obra de Joseph Kesselring “Arsenic and old lace”, levada ao cine por Frank Capra.

Esta actividade realízase no marco dun Obradoiro de artes escénicas e musicais, que se desenvolve no IES Fernando Blanco (en horario extraescolar) e dentro das actuacións do “Contrato-Programa para o logro da excelencia académica” que asinou o IES Fernando Blanco coa Consellería de cultura, educación e O.U.

Tamén houbo unha exhibición de acrosport realizada por alumnado do centro de varios niveis educativos.

 

No pavillón de deportes do Eugenio López xogouse un partido de fútbol disputado por dous equipos formados por profesores, alumnos e persoal non docente do IES Fernando Blanco.

Visita do IES Fernando Blanco a BIEMH de Bilbao

Un grupo de 23 alumnos dos ciclos de Mantemento electromecánico e de Instalacións eléctricas e automáticas do IES Fernando Blanco fixeron unha viaxe de estudos esta fin de semana, para visitar a Bienal Española de Máquina Herramienta (BIEMH), que se celebrou en Bilbao. Foron acompañados polos seus profesores Bibiana Bértoa Cambón e José Luís Insua López.

No decurso da viaxe puideron visitar o Museo Guggenheim para ver a exposición de Richard Serra “La materia del tiempo”, coas súas impresionantes pezas realizadas en aceiro.

Na exposición BIEMH, que tivo lugar no Bilbao Exhibition Centre, os alumnos puideron ver as últimas novidades da tecnoloxía de fabricación mecánica, automatización, soldadura e oxicorte, equipos hidráulicos e automáticos, manipulación e robótica, metroloxía, etc. Tamén puideron asistir a demostracións prácticas do funcionamento das máquinas expostas.

Estiveron presentes máis de 1.000 expositores de 25 países, ademais de centros tecnolóxicos e de investigación que daban a coñecer os seus proxectos de I+D+i.

O grupo diante do Museo Guggenheim

Gran Final da III Olimpíada Cultural o Saber Ten Premio no IES Fernando Blanco

O pasado venres 6 de xuño celebrouse no IES Fernando Blanco a Gran Final da III Olimpíada Cultural O Saber Ten Premio. Na que participaron os tres equipos finalistas: The Boss, Sardiñas Vivas  e Satanases del Infierno.

Esta final constou de dúas partes:

A primeira parte, na que os tres equipos tiveron que contestar a 20 preguntas extraídas ao chou entre 616 preguntas elaboradas por todo o profesorado do centro e de todas as materias e de todas as ensinanzas que se imparten no IES Fernando Blanco, mediante un programa informático elaborado por Martín Pardiñas Fondo. Nesta primeira parte resultaron clasificados os equipos Sardiñas Vivas con 16 puntos e Satanases del Infierno con 13.

A segunda parte consistiu nun debate sobre o tema “Na nosa sociedade, as persoas tenden cada vez máis cara unha forma de vida centrada no individuo ou na comunidade”, na que os dous equipos defenderon posturas opostas. Esta parte foi xulgada por un xurado composto por tres profesores e profesoras do centro.

Despois destas dúas partes resultou gañador do 1º premio, dotado con 600 €, desta III Olimpíada Cultural o equipo Sardiñas Vivas, composto por: Óscar Sestayo Yermo, Carlos Leis Fernández, Iván Costa García, Judit Castro Pose e Xaquín Sestayo Yermo.

En 2º lugar, cun premio de 400 €, quedou o equipo Satanases del Infierno, composto por: Paula Castiñeira Iglesias, Lorena Rey Castiñeira, Román Lema Castiñeira, Patricia Trillo Villar e Andrea Rodríquez Trillo.

O 3º clasificado, galardoado cun premio de 300 €, foi o equipo The Boss, composto por: Cecilia Andrade Ameijenda, Denise Sambad, Brais Soto Pose e Tania Pérez Toba.

A gala estivo conducida por Darío Areas, secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e responsable do seu Museo, contou cunha nutrida presenza de familiares do alumnado participante que, ademais, puideron asistir a varias actuacións musicais do alumnado de 3º e 4º de ESO que interpretaron versións de bandas sonoras de coñecidas películas (Titanic, Star Wars, La vida es bella, Réquiem por un sueño,...). Tamén actuaron varias alumnas de bacharelato (Paula Castiñeira, Paula Vázquez , Mª del Carmen e Selene) que interpretaron cancións de Coldplay acompañadas ao piano pola súa profesora de música, Verónica Ramil.

Os premios desta Olimpíada Cultural contaron co patrocinio de FERROATLÁNTICA e o director das fábricas de Cee e Dumbría, don Javier Vázquez Carro, estivo presente e fixo entrega dos premios aos equipos gañadores e dirixiu unhas palabras ao alumnado participante e asistente recordándolles a importancia dos estudos para o seu futuro e reiterando a aposta de FERROATLÁNTICA polo ensino na comarca como o demostra a súa colaboración nesta e outras actividades culturais e formativas.

Nesta terceira edición participaron os 12 equipos seguintes:

THE NUMBER ONES SERENDIPITY OS LISTILLOS OS DE PRIMEIRO
Adrián Alcaina Romaní-2ªBach. C
Iago Lado de Pazos- 2ªBach. C
Fabián Pérez Allo-Ciclo Medio Admin
Abraham Ríos Fidalgo-Cilco Sup.Adm
Luis Lago Baliña- 2ºESO
Sara Canosa López- 2ºBach.A
Maruxa Cernadas Leis- 2ªBach. C
Jesús A. Oca Lago-2º CM Metal
Gonzalo Antelo Ponte- 2º CM Metal
Elisa Lema Gómez-2ºESO
Antía Sar Rañó- 2ºBach.B
José M.Sambad Puente-2ºBach.B
Alberto Cives Trillo- 2ºCMElect.
Daniel J. Rodríguez Onurer-2ºCMElec
Marta Santiago Romero-2ºESO
Mónica Allo González- 1ºBach.A
Daniel Castro Lado- 1ºBach.B
Paula Lado Santos- 1ºCS Admin.
Samuel Pose Maneiro- 1ºCS Admin.
Sergio Grandío González- 4º ESO
OS SERRALLEIROS ANGRY BIRDS SARDIÑAS VIVAS FIVE AND FURIUS
Carlos Espasandín Pérez- 1ºBach.A
Susana Piñón Bugeiro- 1ºBach.A
J.Manuel Alvite Cotelo- 1º CM Metal
Nicolás Espasandín Insua- 1º CM Me
Ana Pérez Garrido- 3º ESO
Áxela Pérez Costa-1ºBach.B
Antía Casais Miranda-1ºBach.C
Estrella Santamaría Vázquez-1ºCSAd
Saray Lago Valdomar- 1ºCS Adm
Tomás Lagoa- 3º ESO
Óscar Sestayo Yermo-2ºBach.B
Carlos Leis Fernández-  2ºBach.B
Iván Costa García- 1º Automoc.
Judit Castro Pose- 1º Automoc.
Xaquín Sestayo Yermo- 3ºESO
Daniel Trillo Trillo- 2ºBach.A
Ana Trinidad Leo- 2ºBach.A
Carla Domínguez Trillo-1º C M Admi
Santiago Castro Romero-1ºCMMant
Paula Fandiño Trillo-1ºESO
SFUMATTOS RELÁMPAGO THE BOSS SATANASES DEL INFIERNO
Carlos Vigo Fernández-2ªBach. C
Nerea Díaz Papín- 2ªBach. C
Yoana Moreira Pose-2ºCM Adm.
Francisco García Pais-1ºCM Mantem
María Villar Piñeiro-3º ESO
Martina Louzán Martínez-1ºBach.A
Miguel Canosa Alvarello-1ºBach.B
Fermín Pérez Cundíns-1ºCM Mante
Martín E.Antelo Lago-2ºCM Elec
Cristian Pérez Martínez-2ºPCPI Elec
Cecilia Andrade Ameijenda-2ªBac. C
Denise Sambad -2ºBach.C
Brais Soto Pose-1ºCMElec
Adán Leis Caamaño-2º CMElec
Tania Pérez Toba-3ºESO
Paula Castiñeira Iglesias-1ºBach.A
Lorena Rey Castiñeira-1ºBach.A
Román Lema Castiñeira-2ºCMElec
Patricia Trillo Villar- 1º CS Adm.
Andrea Rodríquez Trillo-2º ESO

O equipo Sardiñas Vivas gañador da 3ª Olimpíada Cultural, coa directora do centro Chelo Trillo e o director das fábricas de Cee e Dumbría de Ferroatlántica, don Javier Vázquez CarroOs tres equipos finalistas coa directora do centro e o director das fábricas de Ferroatlántica de Cee e DumbríaOs tres equipos finalistas e parte da comisión organizadora da Olimpíada Cultural

Andaina de Camelle a Laxe

O pasado luns 2 de xuño fomos co alumnado da ESO a unha belísima excursión de 13 km pola costas de Traba, Soesto e Laxe, descorrendo sempre por sendeiros xunto o mar. As praias de Soesto e Traba son lugares de impoñente beleza e de gran interese ornitolóxico, ademais da moi coñecida Lagoa de Traba.

 

Dedicamos a mañá a facer o roteiro, facendo as pertinentes paradas didácticas e de descanso. O profesorado acompañante (Silvia e Miguel) déronnos explicacións sobre as aves e a vexetación da zona ao tempo que parábamos a gozar coa contorna. Pola tarde, unha vez comemos, os rapaces xogaron na fantástica praia de Laxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut