Proxecto de innovación nos medios de comunicación: Probas do automobil funcionando con hidróxeno

O día 16  de febreiro foron presentadas no circuito de A Pastoriza as primeiras probas do fucionamento dun automobil con hidróxeno, proxecto de innovación no que participoa o IES de Fene xunto cos centros IES Castro da Uz de As Pontes, IES María Sarmiento de Viveiro e IES Lois Peña Novo de Vilalba. Do evento fixéronse eco diversos medios de comunicación, entre eles CRTVG, El Progreso e La Voz de Galicia, e nel estiveron presentes os directores de dous dos institutos, así como o teniente de alcalde de A Pastoriza

 

Video na CRTVG: "Crean un coche que funciona con hidrógeno"

Artigo en La Voz: "¿Gasolina? Si, e tamén hidróxeno"

Artigo en La Voz: "El hidrógeno ya compite con la gasolina"

Artigo en El Progreso: "Cuatro institutos presentan en A Pastoriza un coche con motor de hidrógeno"

Premio á innovación >I+D+I

Ademais a vindeira semana, este grupo de traballo formado por profesorado de Mantemento de Vehículos de estes catro centros educativos galegos participarán no Congreso de Innnovación da Formación Profesional que tera lugar na cidade dacultura de Santiago de compostela os días 23 e 24 de febreiro

SI16.- Desenvolvemento do proceso de adaptación dunha motorización de gasolina para o funcionamento con hidróxeno.

  

CHARLA: A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA COMO CHAVE PARA O TEU FUTURO

O martes 16 de febrero de 2016 desenvolverase no salón de actos do edificio de FP do IES de Fene ás 12:30, no marco do Programa Eduemprende Actúa, a charla: A actividade emprendedora como chave para o futuro.

Nesta charla contaremos coa presencia do técnico do IGAPE Roberto Vieites e con Puri Rodríguez Calvo socia da empresa PINGOTA COMUNICACIÓN  que nos contará a súa experiencia emprendedora.

 

 

Alumnado de 4º de ESO visita o CGAI

O pasado día 22 de Xaneiro os alumnos de 4º ESO fixeron una visita ao CGAI , centro de difusión e documentación das artes da imaxe da Xunta de Galicia. 

Durante a visita, se nos amosou o traballo que se está a facer no centro non só no terreo da recuperación, custodia, difusión e promoción das  produccións e obras do patrimonio audiovisual galego, senón tamén no terreo da contribución a un maior coñecemento das artes da imaxe en xeral.

Visitamos a súa biblioteca, a súa filmoteca, os espacios onde conservan os fondos dos que disponen, a sala de proxeccións e a cabina de proxección.  Ademais tivemos a gran sorte de asistir a proxección da película The Kid, de Charles Chaplin, en pantalla de cine e cunha calidade de fotografía e son excelente.

Mereceu moito a pena.

  

 

 

 

 

 

II Xornadas de Orientacion do IES de Fene

O pasado martes 2 de febreiro tiveron lugar as II Xornadas de Orientación organizadas polo IES de Fene e que contaron coa colaboración do concello de Fene. Nelas participaron estudantes e centros de toda a comarca, así como universidades e outras entidades que os estudantes terán en conta á hora de elixir o seu futuro académico ou profesional. Ler a noticia no Diario de Ferrol

 Galería de imaxes

 

 

Exposicion "Pola cara"

Durante estes días pódese visitar no edificio de ESO e Bacharelato do IES de Fene a exposición "Pola cara" cedida polo Museo do Humor de Fene que recopila un importante número de caricaturas de persoeiros famosos. As caricaturas estarán expostas ata o día 15 de febreiro

 

 

 

 

Action! Obradoiro de interpretacion con Ana Carril

 A pasada tarde do venres, 22 de Xaneiro, de 16.00 a 20.00 horas, os participantes do proxecto Action tivemos o pracer de asistir a un interesantísimo  taller de interpretación impartido por Ana Carril, actriz profesional  e coach de actores. Previamente Ana  nos mandara traballar sobre unas esceas en parellas para logo escenificalas e grabalas  o día do taller e quitarlles o máximo partido de cara a formación no terreo da interpretación. 

O taller resultou moi enriquecedor  á vez que divertido. Grabáronse todas as esceas e logo Ana  foi comentando e perfeccionando cada unha das interpretacións. Ao remataren  o taller, todos os partipantes tíñamos a sensación de ter aprendido moitas cousas

Agradecemos a paciencia que Ana amosou con nós en todo momento e tódolos seus minuciosos e interesantes comentarios con respecto á actitude que se debe ter  ante a cámara e ante o papel que se está a representar.

Grazas Ana! Foi un pracer contar cos teus consellos e os teus coñecementos!

                      

Charla de ASFEDRO de prevencion de drogodependencias

O martes 12 de xaneiro tiveron lugar no centro unhas charlas sobre "Prevención de drogas" impartidas pola asociación ASFEDRO (Centro Asistencial a Drogodependentes)  dirixidas aos grupos de ciclos de FP e FP Básica. Esta Asociación Ferrolana, combate a lacra da drogodependencia dende hai máis de 25 anos, e o fai cun plan integral que vai dende a prevención á reinserción.

Dentro do plan de prevención estivo esta charla, que foi orientada hacia as consecuencias do consumo de drogas, e sobre todo aos problemas mentais que provoca nos consumidores de cannabis, que abundan os adictos que trafican a pequena escala porque “o mercado atomízase con la crise” . Os municipios da mancomunidade ferrolá teñen acordos de colaboración con Asfedro para realizar proxectos de prevención de drogas entre menores e de reinserción de drogodependientes.

 

 

 

Carta Erasmus+ de Mobilidade de Formación Profesional

Dende hai varios anos, o IES de Fene ofrece para o seu alumnado de Ciclo Medio a oportunidade de realizar as súas  prácticas no estranxeiro, no marco dos proxectos Leonardo da Vinci ata o ano 2014 e a partires de aí nos programas Erasmus+ KA1. 

O programa Europeo Erasmus+ KA1 é unha iniciativa europea que pretende impulsar a movilidade do profesorado e dos estudantes europeos de Formación Profesional para que así coñezcan a realidade doutros países, outras culturas e outras formas de traballar.

Coa carta Erasmus+ de mobilidade que lle foi concedida ao IES de Fene para o períiodo 2015-2020, recoñécese a xestión de calidade realizada polo centro en proxectos de Mobilidade, os seus esforzos por lograr unha maior internacionalización da Formación Profesional, a calidade dos proxectos realizados anteriormente, e o compromiso a longo prazo na mellora da Mobilidade

Así, comprometémosnos a seguir desenvolvendo estratexias de internacionalización europea no centro e, por conseguinte, poderemos seguir ofrecendo ó noso alumnado a oportunidade de continuar a súa formación noutro país participante no programa Erasmus+ mediante a incorporación de actividades de movilidad de alta calidade nos plans de estudo a longo prazo. Crearemos e manteremos redes con organismos doutros países e promoveremos a aprendizaxe de linguas estranxeiras, mirando máis aló dos enfoques nacionais da FP.

O centro comprométese tamén a cumprir coa normas de calidade establecidas polo programa Erasmus para as mobilidades na FP. Estas prioridades poden consultarse no Compromiso de Calidade do programa Erasmus para a mobilidade na FP. Así mesmo adherímosnos aos principios contemplados na Carta Europea de Calidade, que pode acharse na seguinte ligazón: http://qualityinternships.eu/

 

 

Ver carta Erasmus+ de Mobilidade completa  

Charla de Brais Romero "A realización dunha curtametraxe"

O pasado 15 de Diciembre disfrutamos da primeira das dúas charlas que Brais Romero Suárez impartirá no IES de Fene dentro do proxecto Erasmus+ KA219 Action!. 

Esta charla estivo dirixida ao grupo de alumnos/as e profesores/as implicados no proyecto Action! e serviu de introducción ao proceso de realización dunha curtametraxe, xa que este é o obxectivo principal do proxecto en marcha.  Durante dúas horas e media, Brais Romero foi tocando todos os pasos fundamentaos a seguir cando nos enfrontamos á realización dun corto, partindo dunha idea que serve de semente para unha historia, pasando pola creación dun equipo de realización, a preparación dun guión e as súas fases e a posta en marcha da rodaxe,  ata chegar a un breve repaso de aquelas técnicas básicas de grabación, diferentes planos, etc. 

Xa esperamos impacientes a seguiente charla!

Charla de Juanín Ares

O pasado martes, 24 de novembro tivemos no centro unha charla sobre o proceso de elaboración dunha curtametraxe, dirixida aos alumnos de 1° Bac e 4° ESO. A charla estivo a cargo de Juanín Ares Gondell, compoñente do grupo  de teatro aficionado O Aturuxo de Melpómene, constituído en Narón no ano 2007. Antes de charla foi proxectada a curtametraxe De Baixa, realizada no ano 2014 e escrita  e dirixida polo noso convidado, e logo, a partires desta curta, comentáronse os aspectos mais esenciais a abordar na realización dunha curtametraxe.

   

Esta charla encuádrase tamén dentro do proxecto europeo Erasmus + Action! que o noso centro está a levar a cabo xunto con outros catro institutos socios de Francia, Turquía, Polonia e Rumanía. Neste proxecto se traballa fundamentalmente co tema das curtametraxes, dende un paseo pola súa historia ata a súa realización.

 

ACTION! Novo proxecto Erasmus +

 Está a dar comezo un novo proxecto Erasmus+ no que participa o IES de Fene, en colaboracion con centros educativos de Francia, Turquía, Polonia e Romanía, que se enmarca dentro do grupo KA2, e ten como obxecto a innovacion e cooperación entre centros para o intercambio de boas prácticas. É un motivador proxecto no que través da inmersion no mundondo cine, e mais concretamente a traves da curtametraxe, o alumnado implicado traballara na realizacion de "short films" e potenciará as súas competencias comunicativas, lingüísticas, tecnolóxicas, sociais, sentido da iniciativa e emprendedor así como traballo en equipo e conciencia social.

Do 30 de novembro ao 4 de decembro ten lugar a primeira reunión transnacional no que participan profesores e profesoras destes 5 países para poñer en marcha este proxecto, que terá unha duración de dous cursos académicos. Esta reunión terá lugar en Lodz, (Polonia) e nela participan docentes procedentes de Balıkesir, Turquía, de Aubenas, Francia, de Braila, Romanía, os do centro de Lodz, Polonia, e do IES de Fene.

                                            

Xornada de kart no IES

O pasado día 3 de novembro tivo lugar nos talleres de automoción do IES unha xornada teórico-práctica sobre mecánica de kart. Contouse coa presencia de dous expertos e campions galegos de  karting en varias ocasions, César Cabarcos e Álvaro Muñiz que lograron atraer a atención de todo o alumnado e profesorado do ciclo de Vehículos, así como de algúns alumnos doutros ciclos que tamén se achegaron ata alí.

Nesta xornada, os relatores abordaron distintos aspectos do mantemento destes vehículos como son as reglaxes e o mantemento dos distintos compoñentes do kart, tanto chasis ocmo motor

O IES de Fene quere agradecer a César e Álvaro a súa presencia no centro e a súa boa disposición para explicar os pormenores desde deporte de motor ao alumnado dos ciclos de Vehículos.

Vídeo realizado por Alberto López, ax alumno do IES

Concurso para alumnado de FP #lovemyapprenticeship

Concurso interesante para alumnado de ciclos formativos, un concurso de fotos e vídeos para alumnado de Formación Profesional de toda Europa

So hai que facer fotos e vídeos no taller onde fas as prácticas e publicalo en Facebook, Twitter ou Instagrams coa frase "Participo en el concurso  #lovemyapprenticeship"

 O concurso está aberto dende o 26 de outubro ao 23 de novembro e podes consultar aquí as Bases do concurso

 Hai un 1º premio que consiste nunha viaxe de dúas semanas a un país estranxeiro para realizar un curso de idiomas,  e outros 15 premios de un pauselfie, un obxectivo ollo de peixe ou unha batería externa portátil

Acceso á web do concurso que contén fotos xa enviadas

Distribuir contido