Action! 2015-2017
ACTION! - VIDEO-DIARIO ENCONTRO EN BRAILA, ROMANIA (17-23 Maio 2017)
Enviado por admin o Xov, 17/08/2017 - 03:49Os alumnos do IES de Fene que viaxaron a cidade romanesa de Braila dentro do proxecto Erasmus+KA2 Action! realizaron un video-diario amosando un pequeno resumo do que foi para eles esta inesquecible experiencia, na que houbo, por suposto, cine e coñecemento do lugar e a súa contorna, pero tamén moitos momentos de risas compartidas e convivencia. Esperamos que vos guste!
Se non visualizas o vídeo, preme aquí
ACTION! VIDEO-DIARIO ENCONTRO EN LODZ, POLONIA ( 2-8 Abril 2017)
Enviado por admin o Lun, 19/06/2017 - 03:32Os alumnos do IES de Fene que viaxaron a cidade polaca de Lodz dentro do proxecto Erasmus+KA2 Action! realizaron un video-diario da experiencia e dos momentos máis especiais para eles deste encontro no que houbo cine,visitas turísticas e actividades culturais, por suposto, pero tamén moita diversión, risas, e, sobre todo, amizade. Aquí tedes o resultado.
Se non podes visualizar o vídeo, preme aquí
ENCONTRO EN BRAILA, Action! 17-23 Maio 2017
Enviado por admin o Lun, 29/05/2017 - 17:13
Desde o día 17 ata o 23 de Maio un grupo de cinco alumnos e tres profesores do IES de Fene estiveron en Braila, Romanía, para celebrar alí o derradeiro encontro do proxecto Action! Foi unha semana inesquecible, chea de cine ( ademais do concurso de curtas, tivemos tamén grabación dunha curta, festival e gala de premios), experiencias novas ( visitas, excursións, "novos fogares"), novos amigos e tantas e tantas cousas mais. O equipo romanés, do Liceul Teoretic “Nicolae Iorga” foi un anfitrión sobresaínte e fixo que todo saíra perfecto para todos os que disfrutaron desta mobilidade.
Fotos Emilie Redon, Francia
Video ACTION! dende dron
Enviado por admin o Xov, 11/05/2017 - 09:12Este é un dos vídeos realizados no obradoiro de manexo dun dron para filmación o pasado 27 de abril
Se non visualizas o vídeo, preme aquí
OBRADOIRO SOBRE O EMPREGO DE DRONES NO CINE
Enviado por admin o Mér, 10/05/2017 - 18:26O día 28 de Abril tivemos a sorte de contar con Juan Mato Gago, da empresa Eco Espacio Drones, que nos amosou as posibilidades dos drones, non só no terreo das inspeccións aéreas de tendidos eléctricos senón tamén no mundo da publicidade e do cine. Despois dunha exposición teórico-práctica sobre o uso dos drones nos diferentes ámbitos pero enfocada sobre todo hacia o cine, tivemos a oportunidade de facer unha pequena filmación cun dron nas pistas do instituto, onde os alumnos formaron as letras da palabra ACTION cos seus propios corpos e esta imagen foi grabada polo dron. Toda unha experiencia!
Visita do grupo ACTION! de Lodz (Polonia)
Enviado por admin o Ven, 28/04/2017 - 07:17Durante a semana do 24 ao 28 de abril o IES de Fene acolleu a un grupo de estudantes e docentes polacos que compartiron cos estudantes e docentes feneses unha morea de experiencias, tanto dentro como fora doi nstituto.
No instituto as/o estudantes traballaron na elaboración dunha curta coa temática "A fronteira" e co condicionante "10 esceas, 10 frases". Ademáis asistiron á proxección dun film español e posterior debate e grabación de esceas de recomendación do filme, foron de visita a Santiago de Compostela, asistiron a un curso de manexo e grabación con drons a cargo de Juan Mato Gago, participaron no festival na Casa da Cultura de Fene onde se aomosou todo o feito en ACTION! ata o momento, e para rematar a semana unha camiñata polas Fragas do Eume e visita ao castelo de Andrade. Unha semana fructífera e inesquecible para todas e todos
Sesión de traballo | Despois da entrevista en Radio Fene | Visita a Santiago, tellados da catedral |
Festival Action na Casa da Cultura de Fene | Excursión polas Fragas do Eume | As pistas do IES a vista de dron |
Festival ACTION!
Enviado por admin o Mér, 26/04/2017 - 13:39O pasado xoves 27 de abril na Casa da Cultura de Fene ás 7:00 pm tivo lugar un festival de presentación das actividades relacionadas coas curtametraxes realizadas no marco do proxecto ACTION!. Este festival coincidiu coa a visita de un grupo de estudantes e docentes polacos que compartiron coa nosa coumidade educativa experiencias cinematográficas e de lecer durante esta semana.
Vigo. Primavera do cine
Enviado por admin o Sáb, 08/04/2017 - 14:39A sexta edición do Festival Primavera do Cine en Vigo terá lugar do vindeiro dia 5 ao 14 de maio. Estará cheo de films e curtas, charlas, conferencias,mesas redondas, música, e mais actividades, todas elas relacionadas coa industria cinematográfica.
Bota unha ollada á súa páxina webonde atoparás montons de CINE feito en Galicia.
Mateo González, D.E.P.
Enviado por admin o Sáb, 01/04/2017 - 09:33Hoxe é un día triste para todos nós. O noso amigo, o actor galego Mateo Gonzalez faleceu e sentímonos desolados. Mateo era un home de gran talento e paixón pola súa profesión, e nós fomos moi afortunados por ter a oportunidade de traballar con el. Foi un placer telo dirixindo aos nosos actores e actrices de Action! e esta experiencia sempre permanecerá nas nosas mentes.Grazas Mateo pola túa profesionalidade, o teu entusiasmo e o teu compromiso. Nunca te esqueceremos.
Local Event: semana do 3 ao 7 de abril en cada país
Enviado por admin o Lun, 06/03/2017 - 15:09
Películas seleccionadas para o festival de cine que terá lugar en Abril, 2017 dentro do proxecto Erasmus+ KA2 ACTION!. Non cho podes perder.
BÓTALLE UNHA OLLADA
Poland After suffering extreme humiliation at school, Dominik holes himself up in his room and begins spending all his time in a virtual reality chat room. Director: Jan Komasa Cast: Jakub Gierszal, Roma Gasiorowska, Agata Kulesza Scriptwriter: Jan Komasa |
Spain Carlos (Luis Tosar) a bank executive receives an anonymous phone call informing him he has just a few hours to obtain a large amount of money or a bomb under his seat will explode. Director: Dani de la Torre Cast: Elvira Mínguez,Fernando Cayo, Goya Toledo, Luis Tosar Scriptwriter: Alberto Marini |
Turkey When five orphan girls are seen innocently playing with boys on a beach, their scandalized conservative guardians confine them while forced marriages are arranged. Director: Deniz Gamze Ergüven Cast: Güneş Şensoy, Doğa Doğuşlu, Elit İşcan, Tuğba Sunguroğlu, İlayda Akdoğan Scriptwriters: Deniz Gamze Ergüven, Alice Winocour |
France An unemployed factory worker is trying to make ends meet in working-class France. Director: Stéphane Brizé Cast: Vincent Lindon, Karine de Mirbeck, Matthieu Schaller, Francoise Anselmi Scriptwriters: Stephane Brize, Olivier Gorce |
Romania A Romanian police officer teams up with a small crew of old friends from the World War II Jewish Resistance to pull off a heist by convincing everyone at the scene of the crime that they are only filming a movie. Director: Nae Caranfil Scriptwriter: Nae Caranfil Cast: Vera Farmiga, Mark Strong, Harry Lloyd, Anton Lesser |
Gala Goya
Enviado por admin o Dom, 05/02/2017 - 13:18Aquí tedes todo o que querades saber sobre a 31º edición dos Premios Goya 2017, cos que a Academia de cine español premia a calidade do seu cine e dos seus profesionais en cada unha das especialidades técnicas e creativas. Poderedes coñecer todo sobre os premiados nas diferentes categorías, as candidaturas, as nominacións, o Goya de honor, etc. Non volo pérdades:
O CINE NA WEB
Enviado por admin o Ven, 20/01/2017 - 18:12O CINE E A EDUCACIÓN
Páxina web pertencente á organización benéfica Film Education, có apoio da industria cinematográfica británica. Esta organización promove e fomenta o uso do cine dentro da escola, como parte do curriculum educativo.
http://www.uhu.es/cine.educacion/
Páxina web interesantísima e chea de recursos sobre cine e educación. Un punto de encontro de quenes teñen interés pola educomunicación.
Páxina web que conta con numerosas guías didácticas de películas para traballar na aula.
CINE
http://www.cinemania.es/especiales/las-100-mejores-webs-de-cine/
Cinemanía ofréceche as que son, según eles, as 100 mellores páxinas web de cine.
Páxina web de cine que nos mantén informados sobre novedades, con diferentes seccións adicadas a críticas, festivais, estreas, etc.
GUÍA PARA REALIZACIÓN DE CURTAMETRAXES
https://ocw.ehu.eus/course/view.php?id=239
Interesante guía para o desenrolo dun proxecto de curtametraxe ( diferentes temas en pdf)
VISITA Á EXPOSICIÓN “GEORGES MÉLIÈS E O CINE DE 1900” - A CORUÑA
Enviado por admin o Mar, 20/12/2016 - 08:42
Dentro do proxecto Erasmus+ KA2 Action!, un grupo de alumnos de este centro visitaron a exposición itinerante “GEORGES MÉLIÈS E O CINE DE 1900” , organizada pola Fundación Obra Social La Caixa. A visita tivo lugar o 15 de Decembro e nela se achegaron á figura do ilusionista e creador de cine Georges Méliès e á súa obra, con especial fincapé na que pode ser considerada como primeira longametraxe de ciencia ficción da historia do cine: “ Le voyage dans la lune”, de 1902.
ACTION! Entrevistas e artigos en Radio Fene durante o encontro de maio
Enviado por admin o Sáb, 19/11/2016 - 12:43Durante o encontro de Action! que tivo lugar en Fene do 23 ao 29 de maio pasado alumnas e profesoras participantes no proxecto foron entrevistadas en Raido Fene. Na seguinte ligazon podese escoitar a devandita entrevista
Artigo en Radiofusión: O ollo da mocidade e o cine en Europa
Ademais durante eses días, tamén se publicaron na web de Radiofusión varios artigos relativos ao evento
ACTION! no IES de Fene no pasado mes de maio
Enviado por admin o Mér, 19/10/2016 - 11:11Durante a semana do 23 ao 29 do pasado mes de maio tivo lugar o encontro do proxecto Erasmus+ ACTION no IES de Fene. Nel participaron un total de 24 estudantes e 14 docentes procedentes de Aubenas (Francia), Lodz (Polonia), Braila (Romanía) e Balikesir (Turquía) así como estudantes do IES de Fene. Durante esa semana desenvolvéronse distintos tipos de actividades, entre elas o visionado das curtametraxes elaboradas previamente polos estudantes dos diferentes países para o concurso celebrado aquí, unha mesa redonda sobre cine europeo, a votación para elixir os filmes premiados, visita ao CGAI e visionado de "El espíritu de la colmena", visita aos estudos de gravación da serie galega Serramoura, taller de filmación no IES co actor galego Mateo Gonzalez e rodaxe de unha curtametraxe de terror, taller de maquillaxe para esa curtametraxe a cargo de Eva Tenreiro, taller de edicion e montaxe para a curtametraxe rodada previamente desenvolvido por Kuba Brzękowski, visita guiada a Pontedeume polo noso compañeiro Jose Antonio Carpente, e como broche final a cerimonia de entrega de premios no teatro Jofre de Ferrol seguida da festa de despedida en Bemantes. Unha semana repleta de boas experiencias e gratificantes momentos