United for European employment 2018-2020

Novo proxecto Erasmus+ "UNITED FOR EUROPEAN EMPLOYMENT"

Está a comezar un novo Erasmus+ KA229  "UNITED FOR EUROPEAN EMPLOYMENT" no que o IES de Fene compartirá proxecto con centros educativos de Francia, Italia, Portugal e Irlanda. Mais de 100 alumnos e alumnas de todos estes centros abordaran conxuntamente o tema da búsqueda de emprego en Europa e traballarán os diferentes aspectos como os currículums, entrevistas de traballo, etc., e participarán nas diferentes mobilidades previstas aos diferentes países. Será sen  dúbida un proxecto moi enriquecedor para todos os participantes, tanto alumnado como familias e profesorado

Docentes destes países reunironse recentemente en Aix-en-Provence, Francia, onde está ubicado o centro coordinador para tratar os pormenores do proxecto que terá unha duración de dous anos, así como da primeira mobilidade con alumnos que terá lugar tamén nesta fermosa e acolledora cidade francesa, Aix


 
 
     

 

 

Distribuir contido