ACTION! no IES de Fene no pasado mes de maio
Durante a semana do 23 ao 29 do pasado mes de maio tivo lugar o encontro do proxecto Erasmus+ ACTION no IES de Fene. Nel participaron un total de 24 estudantes e 14 docentes procedentes de Aubenas (Francia), Lodz (Polonia), Braila (Romanía) e Balikesir (Turquía) así como estudantes do IES de Fene. Durante esa semana desenvolvéronse distintos tipos de actividades, entre elas o visionado das curtametraxes elaboradas previamente polos estudantes dos diferentes países para o concurso celebrado aquí, unha mesa redonda sobre cine europeo, a votación para elixir os filmes premiados, visita ao CGAI e visionado de "El espíritu de la colmena", visita aos estudos de gravación da serie galega Serramoura, taller de filmación no IES co actor galego Mateo Gonzalez e rodaxe de unha curtametraxe de terror, taller de maquillaxe para esa curtametraxe a cargo de Eva Tenreiro, taller de edicion e montaxe para a curtametraxe rodada previamente desenvolvido por Kuba Brzękowski, visita guiada a Pontedeume polo noso compañeiro Jose Antonio Carpente, e como broche final a cerimonia de entrega de premios no teatro Jofre de Ferrol seguida da festa de despedida en Bemantes. Unha semana repleta de boas experiencias e gratificantes momentos