FOL
Concurso Eduemprende IDEA 2017
Enviado por admin o Ven, 21/04/2017 - 17:19Convócase o concurso eduemprende Idea
Requisitos:
Alumnado matriculado no curso 2016/17 en Formación Profesional
A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
Premios:
Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Asesoramento técnico do IGAPE.
Dotación económica:
1º premio: 3.000 euros
2º premio: 2.000 euros
3º premio: 1.000 euros
Que hay que facer?
Hai que presentar os proxectos, resumo executivo e elevator pitch para a súa participación.
Contacto:
Para calquera dúbida diríxete a Fátima Barreiro (titora do viveiro do IES de Fene)
Concurso Emprende Idea
Enviado por admin o Lun, 02/05/2016 - 10:57Está aerto o prazo para presentarse ao concurso Eduemprende Idea 2016
DESTINATARIOS: Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
- Estar matriculado no curso 2015-2016 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.
- A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
- Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
PREMIOS:
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
Modalidade A: ciclos de grao superior - Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. - Asesoramento técnico do IGAPE. 1º premio: 3.000 euros 2º premio: 2.000 euros 3º premio: 1.000 euros |
Modalidade B: ciclos de grao medio
- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. - Asesoramento técnico do IGAPE. 1º premio: 3.000 euros 2º premio: 2.000 euros 3º premio: 1.000 euros |
PRAZO:
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (29/4/2016).
Para mais detalles podedes consultar na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-idea
CURSO “EMPRENDE CON ÉXITO FERROLTERRA”
Enviado por admin o Mar, 12/04/2016 - 11:33O centro de emprego do concello de Ferrol organiza un curso, "Emprende con éxito Ferrolterra" dirixidos a futuros emprendedores da comarca.
- Entidade organizadora: Centro de Emprego de Ferrol
- Destinatarios: 15 proxectos emprendedores da comarca de Ferrol, Eume e Ortegal presentados con data límite 18/4/2016
- Duración do curso: 200 horas
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, sito en Praza de Armas, s/n, en horario de 9:00 a 14:00. Presentarase en sobre pechado, consignando no exterior o nome do curso “Emprende con Éxito Ferrolterra” e os datos do solicitante.
Información http://www.ferrol.es/emprego
CHARLA: A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA COMO CHAVE PARA O TEU FUTURO
Enviado por admin o Lun, 15/02/2016 - 08:16O martes 16 de febrero de 2016 desenvolverase no salón de actos do edificio de FP do IES de Fene ás 12:30, no marco do Programa Eduemprende Actúa, a charla: A actividade emprendedora como chave para o futuro.
Nesta charla contaremos coa presencia do técnico do IGAPE Roberto Vieites e con Puri Rodríguez Calvo socia da empresa PINGOTA COMUNICACIÓN que nos contará a súa experiencia emprendedora.
XORNADA FINANCIACIÓN PEMES CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO
Enviado por admin o Mar, 17/11/2015 - 06:41O próximo xoves 19 de novembro na Cámara de Santiago, grazas á colaboración da Fundación Galicia Europa, o consultor internacional para proxectos financiados con fondos multilaterais e programas da Unión Europea, Jorge Cisneros, presentará o funcionamento de tres tipos de financiación europea da que as pymes poden beneficiarse: programas, instrumentos financieros e licitacións.
Prazas limitadas
Organizaranse encontros bilaterais co consultor ao finalizar a xornada, a partir das 13:00h, previa a solicitude da correspondente cita.
Inscrición na xornada