Mantemento de vehículos autopropulsados
Resumos programacións 2021-22
Enviado por admin o Mar, 07/06/2022 - 04:32FP Básica Mantemento de Vehículos
CM ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES
Reportaxe sobre o vehículo de hidróxeno na TVG
Enviado por admin o Xov, 10/03/2016 - 18:43Entrevista na radio galega
Enviado por admin o Mér, 24/02/2016 - 19:31Entrevista co noso compañeiro JuanJosé López Pernas do IES de Fenee con José Ocampo Otero do IES Lois Peña Novo de Vilalba, partícipes no proxecto do vehículo de hidróxeno, no congreso de innnovación celebrado na Cidade da Cultura,
Escoitar a entrevista, a partir do minuto 19:25
O vehiculo de hidróxeno en VTelevisión
Enviado por admin o Mar, 23/02/2016 - 08:29Video do Proxecto de Innovación - Vehículo de Hidróxeno
Enviado por admin o Xov, 18/02/2016 - 12:44Proxecto de innovación nos medios de comunicación: Probas do automobil funcionando con hidróxeno
Enviado por admin o Mér, 17/02/2016 - 10:04O día 16 de febreiro foron presentadas no circuito de A Pastoriza as primeiras probas do fucionamento dun automobil con hidróxeno, proxecto de innovación no que participoa o IES de Fene xunto cos centros IES Castro da Uz de As Pontes, IES María Sarmiento de Viveiro e IES Lois Peña Novo de Vilalba. Do evento fixéronse eco diversos medios de comunicación, entre eles CRTVG, El Progreso e La Voz de Galicia, e nel estiveron presentes os directores de dous dos institutos, así como o teniente de alcalde de A Pastoriza
Ademais a vindeira semana, este grupo de traballo formado por profesorado de Mantemento de Vehículos de estes catro centros educativos galegos participarán no Congreso de Innnovación da Formación Profesional que tera lugar na cidade dacultura de Santiago de compostela os días 23 e 24 de febreiro
Xornada de kart no IES
Enviado por admin o Ven, 06/11/2015 - 18:41O pasado día 3 de novembro tivo lugar nos talleres de automoción do IES unha xornada teórico-práctica sobre mecánica de kart. Contouse coa presencia de dous expertos e campions galegos de karting en varias ocasions, César Cabarcos e Álvaro Muñiz que lograron atraer a atención de todo o alumnado e profesorado do ciclo de Vehículos, así como de algúns alumnos doutros ciclos que tamén se achegaron ata alí.
Nesta xornada, os relatores abordaron distintos aspectos do mantemento destes vehículos como son as reglaxes e o mantemento dos distintos compoñentes do kart, tanto chasis ocmo motor
O IES de Fene quere agradecer a César e Álvaro a súa presencia no centro e a súa boa disposición para explicar os pormenores desde deporte de motor ao alumnado dos ciclos de Vehículos.
Vídeo realizado por Alberto López, ax alumno do IES
Premio pola adaptación dun motor de hidróxeno. Grupo de traballo no que participa o IES de Fene
Enviado por admin o Mar, 30/06/2015 - 19:00
Un grupo de 14 docentes de 4 institutos galegos, entre o que está o IES de Fene, recibiron un premio de I+D+I para o desenvolvemento dun motor adaptado a hidróxeno. O premio, convocado pola Xunta no ámbito da Formación Profesional, está dotado con 22000 euros que serán empregados na realización deste proxecto que será rematado en marzo de 2016.
Os coutros centros son: Castro da Uz, de As Pontes, Peña Novo de Vilalba e un IES de Viveiro
Publicado en: "El Progreso"
Acceso á noticia en La Voz de Galicia
II Xornadas de Mecánica de Competición, no IES de Fene
Enviado por admin o Ven, 05/12/2014 - 17:31O dia 11 de decembro tiveron lugar no departamento de Automoción do IES as "II Xornadas de Mecánica de Competición", que contaron coa presenza do Porsche che que acadou o 1º Posto do Campionato de España de Rallys, así como co seu piloto e mecánico, Sergio Vallejo e Tinoco.