Frío e Calor

FP Básica: Reforma dun vestiario no IES

Este curso académico, os alumnos de 2° FP Básica de Fabricación e Montaxe cambiaron as aulas por un proxecto de reforma dun vestiario do IES mediante a Aprendizaxe Baseada en Proxectos. A utilización dun proxecto auténtico e realista, baseado nunha reforma real, foi altamente motivador e envolvente, os alumnos adquiriron as competencias nun entorno colaborativo en busca das solucións máis axeitadas a cada dificultade que xurdía na reforma. No seguinte video amosannos como foi o proceso

Participantes en Galicia Skills. Entrevista en Radio Fusión

O profesor Jheray Prieto e o alumno Alex Permuy, titor e participante respectivamente nas Galicia Skills, foron  entrevistados en Radio Fusión Fene para compartir a súa interesante experiencia na competición.

Preme aquí para escoitar o podcast.

 

 

 

 

Participación do IES de Fene en Galicia skills 2018

Un ano máis, un alumno do ciclo de Frío, Alex Permuy participou no concurso de FP Galicia Skills 2018 celecbrado en Silleda do pasado 27 ao 29 de novembro, acadando un merecido 2º posto. Tivo unha moi destacada actuación, competindo cos representantes de outros catro centros participantes. Parabéns a Alex ao seu titor na proba Jheray Prieto.

Os alumnos de FP Básica reforman un antigo vestuario

Este curso académico, os alumnos de 2º de FP Básica de Fabricación e Montaxe cambiaron as aulas por un proxecto de reforma dun vestiario do IES mediante o Aprendizaxe Baseado en Proxectos. A utilización dun proxecto auténtico e realista, baseado nunha reforma real, foi altamente motivador e envolvente, os alumnos adquiriron as competencias nun entorno colaborativo en busca das solucións máis axeitadas a cada dificultade que xurdía na reforma

Se non visualizas o vídeo, preme aquí

Distribuir contido