Skip to Content

Lingua inglesa

IES ELVIÑA AND THANKSGIVING DAY

O DÍA DE ACCIÓN DE GRACIAS DO IES PLURILINGÜE ELVIÑA

     O terceiro xoves de novembro celébrase en Estados Unidos Thanksgiving. Con motivo desta festividade o grupo de Actividades Plurilingües púxose mans a masa coordinado pola "master chef" Janna Karatas, que, ademais das conferencias e das aulas de idiomas, tamén lle pon o seu touch na repostería. O pinche Fran Amado contribuiu coa súa sabia presenza a que a masa estivese no seu punto xusto. Todos xuntos e ben avenidos cociñaron dúas receitas tradicionais desta data: Sweet Potato Slices Cornbread. Foi unha oportunidade para que o alumnado aprendera unha chea de novo vocabulario ao tempo que participaba dunha das máis antergas e venerables tradicións americanas.

E claro, de paso tamén encheron o bandullo. Faltaría máis!

ThanksgivingThanksgivingThanksgiving
Thanksgiving

Convocatoria das Bolsas Junior Year 2018-19

Programas educativos do Concello da Coruña. Bolsas Junior Year

 

Un ano máis, o Concello da Coruña pon en marcha o programa educativo A Coruña no mundo: Junior Year, para cursar 1º de bacharelato nun high School en EE.UU.
Para todas as persoas interesadas, o mércores 28 de novembro haberá una reunión informativa no Centro Cívico Municipal dos Mallos ás 19:00 h. Calquera que o desexe, pode consultar a información sobre o programa clicando no seguinte enlace web

JANNA NAS XUNTANZAS DE BOLSEIROS FULBRIGHT

A nosa compañeira Janna Karatas auxiliar de conversa e representante dos bolseiros Fulbright en Galicia acudiu esta semana a varias xuntanzas autonómicas e nacionais sobre o plurilingüismo na educación e o importante labor desempeñado polos bolseiros Fulbright en todo o país como auxiliares de conversa nas aulas de lingua inglesa. Nestas xuntanzas actuou coma ponente en varias sesións e mesas redondas (velaí as fotos que acompañan a reseña, nas que Janna adicou espazo a outros benqueridos "compis do insti").
     Para o IES Plurilingüe Elviña, como xa dixemos noutras ocasións, é algo máis que unha honra poder contar entre os docentes do noso centro coa presenza dos bolseiros do Programa Fulbright, profesionais sempre de altísima calidade, pero aínda máis no caso de Janna, na que á calidade profesional se xunta a cercanía, a afabilidade e o permanente sorriso. Thanks, Janna!

Janna1Janna3Janna7
Janna5Janna6

ACTIVIDADES PLURILINGÜES DO DEPARTAMENTO DE INGLÉS (IES PLURILINGÜE ELVIÑA)

Este luns 1 de Outubro, tal e como se sinalaba na circular de solicitude, comezan as actividades plurilingües no IES Elviña. O horario das actividades será de 16:10 a 17:00. O alumnado realizará actividades de inmersión en lingua inglesa coa auxiliar do centro Janna Karatas e o profesor Francisco Amado Vilariño. O alumnado seleccionado pode consultarse nesta lista (clicar aquí). A non asistencia ou as posibles baixas supliranse co alumnado excluído pola orde que se indica na mesma listaxe.

BECARIOS FULBRIGHT 2018-19

Benvida de novo a Elviña, Janna!

Janna na recepción dos Fulbright

     O mércores pasado organizouse en Santiago de Compostela o tradicional acto de benvida para os becarios Fulbright que colaboran como auxiliares de lingua inglesa nos centros de ensino plurilingües de Galicia. Coma o ano pasado, Janna Karatas, que dirixiu unhas palabras no acto a todo o persoal presente, foi destinada ao IES Plurilingüe Elviña, nesta ocasión por decisión propia. Nin que dicir ten a honra que para o noso centro supón contar cunha traballadora da súa categoría humana e profesional. Unha forte aperta de benvida para ti, Janna. Xa sabes que estás na túa casa.

Distribuir contido


by Dr. Radut