Skip to Content

Lingua inglesa

Voluntariado de idiomas no IES Elviña

Unha das vantaxes de vivir en Europa é a facilidade que hai para moverse entre os distintos países. Isto, unido a unha práctica moi antiga como o voluntariado e á formación, é o que trouxo ata A Coruña a Julia Makanova e Ana Martinic, de Rusia e Croacia, respectivamente. A través da Asociación Muxelka colaborarán durante nove meses no CEIP María Pita e no IES Elviña como profesoras de inglés.


Ambas buscaban unha experiencia nun outros países coa que poder avanzar na súa carreira no ensino. "Traballaba como profesora en Moscú e quería ver como traballan os profesores noutros países", di Julia. Ana, de Split, buscaba algo similar e prefería unha cidade pequena, pero sobre todo importáballe que fose ?un proxecto que me gustase?. Ningunha elixiu A Coruña, pero están encantadas co que viron e sobre todo porque poderán practicar surf, unha das paixóns máis grandes da súa vida. máis información do artigo no Ideal Gallego 17/10/2016

Prácticas de conversa en inglés

O centro oferta unhas actividades en inglés, organizadas por profesores nativos, que teñen como obxectivo a práctica e mellora da aprendizaxe na devandita lingua, básica como vehículo de comunicación nun centro plurilingüe coma o noso.

Estas actividades, de carácter lúdico, serán voluntarias e gratuitas, e celebraranse nas tardes dos martes, das 18.00 ata as 18.45 horas (ao remate da xornada escolar), e darán comenzó o vindeiro 25 de outubro.

Os país ou responsabes legais dos alumnos deberán asinar a autorización, que será entregada ao profesor de inglés coa maior brevidade.

Shakespeare In Elviña

English Department: working on Shakespeare 

Distribuir contido


by Dr. Radut