Skip to Content

Matrícula, Secretaría, Lexislación, Calendario escolar

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

A día15 de xuño, despois de non recibir ningunha reclamación ás listaxes provisionais, publícanse as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no procedemento de admisión para o vindeiro curso 2020-21. Dacordo coas instrucións de inspección educativa, estas listaxes só poden ser consultadas no propio centro de ensino (taboleiro de anuncios de secretaría) ou telematicamente a través da aplicación de admisión se o interesado dispón de certificado electrónico/chave365.

FONDOLIBROS 2020-21

FONDO SOLIDARIO
DE LIBROS DE TEXTO (ESO)

(Resumo)

Aberto prazo para a presentación de solicitudes de participación no
Fondo solidario de libros de texto para cursos de ESO (2020-2021)

Descargar información

*          *          *

PRAZO
do 20 de maio ao 21 de xuño

LUGAR
na Secretaría do centro ou a través da sede electrónica da Consellería de Educación (con certificación dixital)

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Fotocopia do DNI ou NIE de todos os membros da unidade familiar para resolver posibles dúbidas nos datos dos formularios.
     
  • Documentación complementaria (a que lle corresponda a cada un):


a) Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. No caso de que non haxa Libro de familia, que o pai e ani ou titor ou titores carezan de DNI e NIE, certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou de órgano equivalente do concello onde resida a familia.

b) En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor. 

c) Certificación do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en sitación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DESTE CURSO

A devolución dos libros deberá efectuarse antes do 7 de xullo (agás alumnado con materias pendentes para setembro, que poderá facer a devolución ata o 10 de setembro). Os últimos días de clase prepararase unha xornada de devolución.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO: BAREMACIÓN

ADMISIÓN DE ALUMNADO
(Curso 2020-21)

*     *     *

ABERTO O PERÍODO DE BAREMACIÓN

Por exceso de solicitudes de admisión, o centro terá a obriga de baremar o curso de 1º de ESO. Ata o día 26 de maio, as persoas solicitantes terán prazo aberto para incorporar na súa admisión a documentación acreditativa dos criterios de baremo que solicitaron e non xustificaron no seu momento. Nos demais cursos, as solicitudes presentadas non superaron as prazas dispoñibles e non haberá necesidade de baremar.

Criterios de baremo e documentación necesaria

 

NOVOS PRAZOS PARA O PROCEDEMENTO
DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

PRAZOPROCEDEMENTO
Entre o 11 e o 18
de maio
  Presentación de formularios de admisión polos procedementos
  habituais establecidos na normativa
Entre o 19 e o 26
de maio
  Presentación da documentación acreditativa do baremo
Antes do 9
de xuño
  Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos
  (prazo de reclamacións de 3 días desde a publicación das listaxes)
Ata o 26
de xuño
  Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos
Do 1 ao 10
de xullo
  Prazo de matrícula ordinaria (xuño)
Do 1 ao 10
de setembro
  Prazo de matrícula extraordinaria (setembro)

-----------------------------------------------------------------------

MARCO LEGAL APLICABLE

Normativa legal aplicable: Normativa que rexe o procedemento normal de admisión e matrícula (Decreto 254/2012, Orde do 12 de marzo de 2013 e Orde do 25 de xaneiro de 2017)

Modificacións durante o período de emerxencia sanitaria:

"Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21" na Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territoria da Comunidade Autónoma de Galicia [DOG do 6 de maio de 2020]

ENLACES DE APOIO ESCOLAR E SOCIAL

Nos actuais tempos de confinamento importa máis ca nunca proporcionar información útil e necesaria tanto de apoio escolar como de apoio social. Nestes enlaces, que iremos actualizando e engrosando, as familias e o alumnado podedes atopar materiais diversos: educativos algúns, de interese cultural outros ou información de interese social do Concello. 


Enlace a museos

Webs de museos do mundo que
ofrecen visitas interactivas


 Editoriales


Editoriais e
contidos didácticos

Concello da Coruña. Benestar social

Enlace ás medidas adoptadas pola concellería de benestar social
do Concello da Coruña

Colexio de Psicoloxía de Galicia

Axenda do COPG para adolescentes confinados

Móvete connosco

Iniciativa "Educación física na casa"
da Consellería de educación

VACANTES 2020-2021

CURSOVACANTES
1º ESO0* + 12 NEE
2º ESO0
3º ESO12
4º ESO9
1º BACH. CIENCIAS15
1º BACH. CC.SS./HUM.13
2º BACH. CIENCIAS27
2º BACH. CC.SS./HUM.21

*Non se asignaron prazas en período de reserva por superación do número de solicitudes con praza posible.

Distribuir contido


by Dr. Radut