ADMISIÓN DE ALUMNADO
(Curso 2020-21)
* * *
ABERTO O PERÍODO DE BAREMACIÓN
Por exceso de solicitudes de admisión, o centro terá a obriga de baremar o curso de 1º de ESO. Ata o día 26 de maio, as persoas solicitantes terán prazo aberto para incorporar na súa admisión a documentación acreditativa dos criterios de baremo que solicitaron e non xustificaron no seu momento. Nos demais cursos, as solicitudes presentadas non superaron as prazas dispoñibles e non haberá necesidade de baremar.
Criterios de baremo e documentación necesaria
NOVOS PRAZOS PARA O PROCEDEMENTO
DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
PRAZO | PROCEDEMENTO |
Entre o 11 e o 18 de maio | Presentación de formularios de admisión polos procedementos habituais establecidos na normativa |
Entre o 19 e o 26 de maio | Presentación da documentación acreditativa do baremo |
Antes do 9 de xuño | Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (prazo de reclamacións de 3 días desde a publicación das listaxes) |
Ata o 26 de xuño | Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos |
Do 1 ao 10 de xullo | Prazo de matrícula ordinaria (xuño) |
Do 1 ao 10 de setembro | Prazo de matrícula extraordinaria (setembro) |
-----------------------------------------------------------------------
MARCO LEGAL APLICABLE
Normativa legal aplicable: Normativa que rexe o procedemento normal de admisión e matrícula (Decreto 254/2012, Orde do 12 de marzo de 2013 e Orde do 25 de xaneiro de 2017)
Modificacións durante o período de emerxencia sanitaria:
"Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21" na Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territoria da Comunidade Autónoma de Galicia [DOG do 6 de maio de 2020]