Skip to Content

Matrícula, Secretaría, Lexislación, Calendario escolar

INICIO DE CURSO (3). TRANSPORTE ESCOLAR. CURSO 22-23

HORARIO E PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 22-23

LIÑAS E PARADAS DE TRANSPORTE
SERVIZO DE TRANSPORTE CONTRATADO POLA CONSELLERÍA

MOI IMPORTANTE:

O HORARIO DE SAÍDAS DAS PARADAS É
O HORARIO APROXIMADO QUE NOS COMUNICA A COMPAÑÍA DE TRANSPORTE: NON
PODEMOS SER MÁIS PRECISOS

¡ESTEAN CON ANTELACIÓN NAS PARADAS E TEÑAN PACIENCIA!

 

O alumnado de Bacharelato non ten dereito a transporte escolar

O ALUMNADO DEBE UTILIZAR EXCLUSIVAMENTE A PARADA QUE SE SOLICITOU NO MOMENTO DA MATRICULACIÓN

Cada alumno/a estará na parada que lle corresponda dos seguintes cadros.

*        *        *

BUS nº 1 (Autos RICO)
PARADASHORARIO MAÑÁ (aprox.)HORARIO TARDE (aprox.)
Castro de Elviña*
7:5515:35
Palavea*
8:0515:45
Fragas do Eume, 20
8:1515:55
Ponte Martinete
8:2016:00

*Modificado o trazado da liña por obras na vía

 

*        *        *

BUS nº 2

PARADASHORARIO MAÑÁ (aprox.)HORARIO TARDE (aprox.) 
   Urb. Breogán, 307:5515:40
   Feáns, 5508:0615:45
   Novo Mesoiro, 30
08:1415:50
   Mesoiro, 7308:2015:55

 *        *        *

BUS nº 3
PARADASHORARIO MAÑÁ
(aprox.)
HORARIO TARDE
(aprox.)
  Novo Mesoiro, 108:0515:40

*        *        *

BUS 4

PARADASHORARIO MAÑÁ
(aprox.)
HORARIO TARDE
(aprox.) 
  Ribeira Sacra, 38:1015:50
  Ribeira Sacra, 128:1515:55


IMPORTANTE:
Especialmente os primeiros días de clase é posible certo desaxuste sobre os horarios indicados polos responsables da empresa de transportes Teñan en conta que as prazas por autobús están contadas e asignadas por alumnado, polo que é fundamental respectar as paradas que corresponden a cada alumn
o.
 

HORARIO DE VERÁN DA SECRETARÍA DO CENTRO

HORARIO DE VERÁN DA SECRETARÍA DO IES PLURILINGÜE ELVIÑA

Infórmase a toda a comunidade escolar que, a partir do martes día 12 de xullo, a secretaría do IES Plurilingüe Elviña pasará a atenderlles no seguinte horario:

Entre 12 e 31 de xullo10:00 a 13:00 horas
Mes de agostoPECHADA
Setembro09:00 a 14:00

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CICLOS DE FP BÁSICA

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES

DEFINITIVAS DE ADMISIÓN

Á FP BÁSICA

Publicación de listaxes de asignación

   Hoxe día 21 publicáronse as listaxes de asignación de ciclos ao alumnado proposto desde os centros de ensino. Para realizar a consulta é necesario buscar na listaxe o código individual que todos os solicitantes recibiron cos resgardos de admisión.

Listaxe de asignación de prazas de FPBásica


   Os solicitantes deben acudir canto antes aos centros de destino para formalizar as matrículas nos ciclos no período e forma en que cada centro determine.

 

 Lexislación

   De acordo coa RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión das ensinanzas de formación profesional de grao básico para o curso 2022/23 que actualiza para a presente convocatoria a ORDE do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas, os centros de ensino secundario teñen desde este ano a responsabilidade de xestionar a admisión do alumnado que os equipos docentes de secundaria propoñan á FPBásica.

Resolución provisional do proceso de proposta de alumnado

   En virtude desta lexislación, e seguindo os prazos referenciados na normativa, rematou o pasado día 6 de xullo o proceso de selección e de proposta de alumnado. Publícanse, polo tanto, hoxe venres 8 de xullo as listaxes provisionais de alumnado oficialmente proposto desde os centros de ensino secundario a ciclos de FP de grao básico. Estas listaxes poden ser consultadas mediante o código de seguridade entregado co resgardo de admisión por todos os interesados no portal de FP da Consellería de cultura. O alumnado proposto polo IES Plurilingüe Elviña pode consultarse nas páxinas 35 a 38 do documento.

   De detectar algún erro ou carencia nas listaxes, o alumnado proposto deberá comunicalo na secretaría do IES Elviña antes do día 12 de xullo, cando remata o prazo para a súa subsanación.

Calendario FPB

 

FIN DO PERÍODO DE ADMISIÓN

ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023
FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Rematado o período de admisión e rexistradas xa na secretaría do centro todas as solicitudes válidas presentadas neste período informamos aos interesados que:

 

  • en 1º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS

 

  • en 2º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS. Contodo, lémbrase que ao ter vacantes 0 todas as admisións presentadas quedarán NON ADMITIDAS.

 

  • en 3º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS. Contodo, lémbrase que ao ter vacantes 0 todas as admisións presentadas quedarán NON ADMITIDAS.

 

  • en 4º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

  • en 1º e 2º de BACHARELATO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A BAREMACIÓN: aqueles solicitantes que deixasen sen presentar a documentación para a baremación, deberán entregala na secretaría do centro entre o 24 de marzo e o 6 de abril

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos serán publicadas o día 25 de abril, de acordo coas indicacións da lexislación de admisión

Calendario do curso 2021-22

 

CALENDARIO DO CURSO 2021-2022

PERÍODOS VACACIONAIS

Nadal: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro (incluídos)
Entroido: 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo
Semana Santa: do 10 ao 18 de abril (incluídos)
Días non lectivos:

  • a. Día do ensino: 11 de novembro
  • b. Autonómicos: 17 de maio e 24 de xuño de 2022
  • c. Local: martes de entroido e Rosario (7/10/2022)
  • c. Elección do centro: 7 de decembro de 2021 e 16 de maio de 2022


REUNIÓNS DE AVALIACIÓN

A. Avaliación inicial ESO: Luns 4/10 ( ESO)/martes 5/10 (4º ESO), mércores 6/10 (2º e 3º ESO)

B. Avaliación de pendentes:

Pendentes de ESO: os exames da convocatoria extraordinaria de maio serán publicados pola xefatura de estudios no mes de marzo. As probas serán entre o 9 e o 12 de maio.

Pendentes de BACH: os exames da convocatoria extraordinaria serán entre o 19 ao 22 de abril. A sesión de avaliación ordinaria de pendentes o 3 de maio.


C. Avaliación de 2º de Bacharelato

  • 1ª avaliación: xoves 25 de novembro. Entrega de notas, venres 26 de novembro
  • 2ª avaliación: xoves 24 de febreiro. Entrega de notas, venres 25 de febreiro
  • 3ª avaliación e final: En torno ao 12 de maio (pendente das directrices da CIUG)
  • Extraordinaria: a partir do 23 de xuño.


D.
Avaliación de 1º de Bacharelato

  • 1ª avaliación: Entre o 14 e o 20 de decembro. Entrega de notas, 21 de decembro
  • 2ª avaliación: Entre o 28 e o 31 de marzo. Entrega de notas, 1 de abril
  • 3ª avaliación e final: Entre o 6 e o 8 de xuño
  • Extraordinaria: Despois do 23 de xuño


D. Avaliación de ESO

  • 1ª avaliación: Entre o 14 e o 20 de decembro. Entrega de notas, 21 de decembro
  • 2ª avaliación: Entre o 28 e o 31 de marzo. Entrega de notas, 1 de abril
  • 3ª avaliación: Entre o 6 e o 8 de xuño
  • Avaliación final: Despois do 23 de xuño


NOTA SOBRE CALENDARIO DE FIN DE CURSO
As datas de avaliacións finais están supeditadas ás decisións que a Consellería de cultura adopte en relación coas modificacións legais postas en marcha pola LOMLOE.

Distribuir contido


by Dr. Radut