Alumnos

VACACIÓNS!!!!

Feliz vran. Para todos e todas. Despedimos os días da escola, temporalmente, para descansarmos. A fotosintetizar. Que a calor e a luz do vran serva para fabricarmos ilusións e forzas renovadas. Noraboa a todos e todas polo curso que pasou.

Xa comezou a xermolar o novo curso. Ainda non se ve pero as súas raices xa están a furar a terra. Irá asentandose pouco a pouco e en Setembro xa nos dará boa sombra.

De mentras, divertirnos e a medrar por fóra e por dentro.

Ata o curso que ven.

Fomos:

1º ESO

foto alumnos 1 eso

2º ESO

fotos alumnos 2 eso

3º ESO

foto alumnos 3 eso

4º ESO

foto alumnos 4 eso

1º BACHARELATO

foto alumnos 1 bacharelato

SUSPENDER SETEMBRO

SUSPENDER SETEMBRO

Remata o curso.

Pero a todos nos queda unha asignatura para Setembro:

Pasalo ben!!

Temos un trimestre para ler no libro aberto do verán, nadar nas súas augas azuis. Escribir a nosa novela de amor, o noso poema de verbenas. 

Sabemos que os libros arden mal, pero hai que facer unha fogueira alta para queimar este verán.  

Dá igual a nota que saquemos neste exame. Para nós, as súas cinzas quentes.  

Ninguén nos pode suspender Setembro. 

DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 2º BACH

Neste curso, coma todos as anos, unha promoción de alumnos remata o seu ciclo educativo neste centro. E, coma todos os anos, eles cren que zafan de nós.

Enganados van.

Quedan no corazón dos profesores e sempre poden contar con nós,... Agardando, nun futuro próximo, aprender máis deles, o que é lei de vida. Desexámosvos sorte, coraxe e que gabeedes sen desmaio sobre as dificultades que vos xurdan ao longo do camiño da vosa vida.


Luís Giadás

 

FOTO2ºBACH

 

COLABORACIÓNS PARA A REVISTA DO INSTITUTO

Como todos os anos, estamos preparando a publicación da revista do instituto. Necesitamos colaboracións, así que os que esteades interesados en participar podedes entregarnos todo tipo de traballos: recomendacións de libros, música, cine; debuxos e caricaturas; contos e poemas de creación propia; artigos de opinión. Pretendemos incluír unha sección de lendas recollidas por vós na nosa comarca. Xa sabedes, contos sobre a estadea, meigas, mouras, vilas asolagadas, etc. O prazo para entregar as  colaboracións remata o 24 de maio. E o xoves 8  temos unha reunión no recreo, no departamento de castelán. Animádevos a participar!

CERTAME DE LITERATURA DO IES DE PONTECESO

Este ano convócase por primeira vez un certame de literatura no instituto. As modalidades nas que podedes participar son: relato curto, poesía, mini relato e haiku. O prazo de presentación de traballos amplíase ata o 14 de Maio. Os interesados poden consultar as bases na páxina principal de normalización ou premendo aquí

Distribuir contido