Atención ás familias

CONVOCATORIA DAS BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS OU DE APOIO ESPECÍFICO

Achegamos infografía resumo sobre a convocatoria das becas, con prazo de solicitude ata o 30 de setembro. Máis información en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html#necesidad-apoyo-educativo



Para calquera consulta ou axuda na tramitación, contactade co departamento de Orientación.

 

Matrícula no programa That's English! nas escolas oficiais de idiomas

That's English! é un programa a distancia para a formación a distancia nos niveis Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2 e Avanzado C1.

Xúntase a instrucción sobre a organización destas ensinanzas e o procedemento de matrícula para o curso 2024/25.

Prazos de matrícula:

- Do 28 de xuño ao 12 de xullo de 2024, para o alumnado matriculado nesta modalidade no curso 2023/24 que desexe continuar os seus estudos no curso 2024/25.

- Do 2 de setembro ao 31 de outubro de 2024, para o resto do alumnado.

Máis información: Instrución 2/2024 en https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucion_2_2024_te.pdf

Matrícula nas ensinanzas das EOI para o curso 2024/25

Publicouse a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2024/25.

O alumnado de novo acceso deberá facer a preinscrición entre o 24 de xuño e o 5 de xullo, na seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/preinsxunta

matrícula realizarase a través da ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta, nos seguintes prazos:

Período de matrícula ordinaria: do 18 ao 28 de xuño, para o alumnado oficial do curso 2023/24 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2024/25 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

Período de matrícula extraordinaria: do 28 de xuño ao 5 de xullo para o alumnado oficial coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria; do ao 19 de xullo para o alumnado de nova incorporación que obtivo praza no sorteo da preinscrición.

Máis información na web da Consellería edu.xunta.gal

Xornada de portas abertas Coñece a USC

Noticia de interese para o alumnado de 2º BACH que supera a ABAU: 


A Universidade de Santiago de Compostela celebrará os vindeiros 13, 14 e 15 de xuño en Santiago e o 20, 21 e 22 de xuño en Lugo, as “Xornadas de Portas Abertas: Coñece a USC”


Estas Xornadas están dirixidas ao estudantado que ven de realizar as probas das ABAU, e que vai entrar na Universidade, para que poida achegarse as titulacións de Grao que lle poidan interesar.


Os/as interesados/as poderán inscribirse mediante o seguinte formulario https://forms.office.com/e/PnyEqwzmv0 indicando o número de asistentes (no caso de vir con algún acompañante) e seleccionando as titulacións que queren visitar. As titulacións están agrupadas polos centros no que se imparten. Cada unha poderase visitar no horario indicado no formulario, e tamén no cadro que aparece a continuación desta noticia.

prazo de inscrición rematará o día martes, 11 de xuño ás 14 horas para o Campus de Santiago e o luns, 18 de xuño ás 14 horas para o Campus de Lugo.

Descargar horarios

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/25

Prazo presentación solicitudes: 21/05/2024 - 21/06/2024

 

NOTA: O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/25, como é o IES Eduardo Pondal está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan. Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros (Enlace), empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

 

As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2024 como data límite.

Distribuir contido