VETUSTA MORLA

VETUSTA MORLA

 

 

Un Día en el Mundo é o título do LP debut de Vetusta Morla, un álbum que xa se converteu nun dos discos da tempada con mellor acollida entre o público e a crítica do pop-rock independente nacional. O grupo obtivo tres Premios de la Música que otorga a Academia das Artes e as Ciencias da Música: Mellor Álbum de Pop Alternativo por Un Día en el Mundo, Artista Revelación e Autor Revelación por un dos temas do disco, Copenhague. Esta mesma canción, ademais, foi elexida pola audiencia de Radio 3 (RNE) como unha das tres mellores do "indie" español das últimas dúas décadas. Precisamente en directo e sobre o escenario é onde se formou Vetusta Morla, sobre a base dunhas experiencias compartidas. O núcleo da formación é a complicidade,a pasión e a inmediatez da música en vivo. No seu primeiro álbum Un Día en el Mundo trataron de recrear ese feitizo máxico, esa enerxía luminosa do directo, cun son premeditadamente natural, sen apenas trucos de produción e sen artificios. Vetusta Morla é ademais unha banda onde as palabras importan, "las palabras que no existen nos pueden salvar", di unha das súas letras.