CONSELLO ESCOLAR 2022 - 2ª Reunión da Xunta Electoral

A Xunta Electoral reuniuse con data 22 de novembro de 2022 para:

  • A publicación das candidaturas por sectores de representación para o Consello Escolar no taboleiro do centro. Queda aberto o prazo de reclamación á proclamación de candidaturas, os días 23 e 24 de novembro de 2022.
  • A aprobación e publicación definitiva dos censos electorais dos distintos sectores no taboleiro do centro.
  • A designación dos membros das distintas mesas electorais.

O período de campaña electoral será dende o 22 ata o 27 de novembro do 2022 (ambos incluídos). Quedan a disposición dos candidatos as instalacións do centro sempre e cando non interfira no normal desenvolvemento da actividade docente, realizando a solicitude previa en secretaria.

O 28 de novembro de 2022 será xornada de reflexión.

O 29 de novembro de 2022 terá lugar a celebración de eleccións de membros para renovación parcial do Consello Escolar.