CONSELLO ESCOLAR 2022 - renovación parcial

Segundo a RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30/09), leváronse a cabo as seguintes actuacións:

  • Constitución da Xunta Electoral
  • Convocatoria de reunión da Xunta Electoral
  • Reunión da Xunta Electoral

 O venres 11 de novembro, procederase á publicación no taboleiro do centro, os censos provisionais dos seguintes sectores:

  • Profesorado
  • Pais/nais/titores-as legais
  • Alumnado
  • Persoal de Administración e Servizos

O prazo de presentación de candidaturas dos distintos sectores será dende o día 11 ata o 18 de novembro de 2022 ás 13:00 horas (ambos incluídos). Pasar pola secretaría do centro.
A celebración das votacións dos distintos sectores será o día 29 de novembro de 2022.

AdxuntoTamaño
Docentes.pdf50.04 KB
Nais, pais, titores legais.pdf50.21 KB
Alumnado.pdf50.03 KB
PAS.pdf50.21 KB