Escola de pais e nais

Opinión
ARTIGO SOBRE A IDEOLOXÍA DO ESFORZO.
Colgamos aquí un enlace a un artigo do país sobre a ideoloxía do esforzo imperante no espíruto da lei educativa.
IDEOLOXÍA DO ESFORZO, PREME PARA IR AO ARTIGO


Vídeo TED
CHARLA.


Vídeo Abalar
VIDEO DA FORMACIÓN PARA PAIS E NAIS NO ESPAZO ABALAR
Neste vídeo unha parte da charla sobre o espazo abalar dada aos pais e nais do alumnado de 1º de ESO do centro.



Vídeo
KEN ROBINSON: 'AS ESCOLAS MATAN A CREATIVIDADE'
Conferencia de Sir Ken Robinson en TED, a organización que baixo o lema 'Ideas dignas de difundir' organiza cada ano as TED Conference. Este vídeo pertence ás conferencias do ano 2006 e o escritor Kin Robinson fala sobre a creatividade (a falta dela, maís ben) nas escolas.
(Se no vídeo non aparecen os subtítulos clica no símbolo do play)



Páxinas web
UNIVERSIDADE DE PAIS E NAIS
Parécenos de gran interese comezar esta páxina remitíndovos a un espazo na rede adicado á educación e á labor das nais e pais neste proceso.
Proxecto pedagóxico dirixido por José Antonio Marina para colaborar cos pais durante todo o proceso educativo dos seus fillos. A idea fundamental deste proxecto xira sobre que ‘toda a sociedade debe axudar na tarefa da educación aspirando a recuperar un discurso educativo optimista e alegre, que na actualidade esquenceuse.
Para acceder a páxina preme no seguinte enlace: PÁXINA DA UNIVERSIDADE DE PAIS, ou ben sobre a fotografía. universidade de pais


Abalar
CHARLA SOBRE O ACCESO AO ESPAZO ABALAR NA REDE
A finais de Novembro impartiuse no instituto unha charla para as nais e pais do alumnado de 1º de ESO que neste curso están en aulas abalar dotadas con portátiles persoais. Expúxose como son as prestacións, o funcionamento e o acceso á plataforma abalar. Este servizo na rede dispón de información académica do alumno ou alumna, así como do desenvolvemento do grupo e do curso. Os pais poderán acceder mediante acceso privado á información de tipo persoal en relación ao seu fillo ou filla: asistencia, notas, incidencias, ou a información do grupo, do curso ou dos servizos complementarios (transporte).


Autores
QUEN É KEN ROBINSON
ken robinson
Sir Ken Robinson é educador, escritor, conferenciante británico e experto en asuntos relacionados coa creatividade. Doctorouse pola Universidade de Londres cunha tese sobre o drama e o teatro na educación. Foi director do proxecto ‘o arte nas escolas’ que pretendía mellorar a ensinanza e a aprendizaxe das artes nas escolas británicas. Actualmente entre outros cargos é o director para a unidade para a investigación na educación, cultura e as artes.
En 1998 o ministro de educación británico elixíuno para dirixir o Comité Consultivo sobre educación creativa e cultura, e froito do seu traballo publicouse o Informe Robinson que tería un grande impacto pois incidía sobre o case nulo papel que tiña recibido a creatividade e a importancia desta para o futuro, non só do seu país senon da propia humanidade. É tamén autor de numerosas obras escritas.


Autores
QUEN É JOSE ANTONIO MARINA
marina
Jose Antonio Marina, organizador da universidade de pais é filósofo e pedagogo. Marina vese comprometido co proxecto de impulsar unha movilización educativa que pretende involucrar a toda a sociedade na tarea de mellorar a educación. A Universidade de pais on-line é a proposta máis recente desta movilización educativa. Segundo as súas palabras: ‘Para educar a un neno, fai falla a tribu enteira’.
É autor de innumerables libros sobre o tema como ‘Las culturas fracasadas. El talento y la estupidez de las sociedades’ (2010). ‘La educación del talento.’ Editorial Ariel (2010). ‘El cerebro infantil. La gran oportunidad.’ Editorial Ariel (2011). ‘Los secretos de la motivación.’ Editorial Ariel (2011).