ORIENTALINE
Eventos
Xo | ||
---|---|---|
O alumnado de 2º de APSD realizou unha escolma de viñetas que tratan o tema da diversidade nas persoas e ofrecen nesta exposición á súa visión da necesidade de inclusión na nosa sociedade de todas as persoas e a riqueza que brinda a diversidade. Ademáis da exposición colocarán paraugas na entrada seguindo a campaña da plataforma Galicia Diversa nomeada "Baixo o mesmo paraugas", e por que paraugas? Porque son o sinal de identidade porque tod@s, con ou sen discapacidade, compartimos un fin común: conseguir un mundo sen discriminacións e cheo de oportunidades.
A exposición estará colocada de martes 3 a luns 9. Convidámosvos a ver e reflexionar con este traballo colaborativo, así como a facervos unha foto baixo o mesmo paraugas e compartila nas redes co #BaixoOMesmoParaugas @galiciadiversa
|