Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES-2023Enviado por admin o Ven, 23/06/2023 - 04:54
Onte estivemos en Santiago acompañando aos nosos alumnos e alumnas no Acto de Recoñecemento aos Mellores Expedientes de ABAU.
Os alumnos e alumnas do IES Poeta Díaz Castro merecedores e merecedoras desta distinción son:
PAULA GARCÍA GRAÑA
YAGO MARTÍNEZ PENA
MARTA ELISA SANMARTÍN CAMPELLO
HUGO SANMARTÍN RODRÍGUEZ
Orgullosos do traballo desenvolvido no centro, da colaboración das familias e do esforzo dos nosos rapacese rapazas, non nos queda outra que salientar que un 27% dospresentados no noso centro ás probas de ABAU foi merecedor deste recoñecemento, frente ao 10% de media en Galicia.
Por iso...
NORABOA A TODOS: ALUMNADO, FAMILIAS E PROFESORADO!!!!!!
( categories: )
II Feira de ProxectosEnviado por admin o Lun, 19/06/2023 - 05:05
19/06/2023 09:50
Atlantic/Bermuda
O día 21 de xuño, en Xornada de Portas Abertas, celebraremos a nosa segunda Feira de Proxectos. O alumnado será o protagonista, novamente, ao explicar unha parte importante dos proxectos desenvolvidos ao longo destes meses. A Xornada desenvolverase co seguinte horario: 11.15: Vestíbulo do centro Benvida, explicación da xornada. Colocación da Placa que nos distingue como eTwinning School Comunicación do Premio á aula mellor coidada 2023 11.30: Percorrido do itinerario por todas as paradas de proxectos. Rincón da natureza - Espazo Creativos - Espazo Fabricación Mecánica - Arredor das palabras - Audiovisual - K Paces - Aula da calma - Espazo mediación - Mercados solidarios - Activa a túa mente - Revista TIC
Contamos coa vosa visita e publicaremos en RRSS novas sobre o desenvolvemento do día!
PREMIADOS COS SELOS DE CALIDADE NACIONAL E EUROPEOEnviado por admin o Sáb, 17/06/2023 - 11:57
17/06/2023 16:51
Atlantic/Bermuda
Nos pasados días, os profesores encargados do proxecto eTwinning "Cadea de Hoteis de Insectos", realizado durante o curso 2021/22, recibiron os Selos de Calidade Nacional e Europeo por guiar o traballo do alumnado de 1º, 2º de ESO e FP Básica. Estamos de noraboa! Podedes ver o TwinSpace do proxecto neste enlace Sabedes que este ano o noso proxecto eTwinning é o que nos levou a construír os bancais de cultivo e a composteira?? AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024Enviado por admin o Lun, 22/05/2023 - 05:40
22/05/2023 10:12
Atlantic/Bermuda
Publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio) que convoca as axudas para material escolar para o curso 2023-2024. O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023, ámbolos dous incluidos. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II). Opcionalmente, poderánse recoller e presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Enlace ao FORMULARIO NORMALIZADO (ED330B-Anexos I e II) Enlace á aplicación FONDOLIBROS
( categories: )
A nosa alumna YANIRA GUIZÁN, convocada para a selección española de fútbol salaEnviado por admin o Ven, 05/05/2023 - 07:16
A alumna do noso instituto YANIRA GUIZÁN MONTES, foi convocada pola selección española de fútbol sala para disputar dous partidos internacionais. Según nos conta a propia Yanira: "Esta convocatoria coa selección española foi espectacular, fun disputar dous partidos amistos contra Portugal os cales gañamos os dous. O primeiro 1-7 e o segundo 0-4. Para min foi un orgullo ir convocada e creo que foi un mérito a todos estes anos de esforzo dentro e fora da pista." E non só para ela debe ser motivo de orgullo, senón que ese sentimento é compartido por toda a nosa comunidade educativa. "Estiven cun grupo de 12 xogadoras (contandome a min) espectacular, levome amigas para toda e vida e tanto dentro como fora da pista eramos un grupo muy forte e unido."
"Xa pa rematar quero desatacar que a miña intención e que esta sexa a primeira de moitas e que oxalá algún dia poida estar na seleccion absoluta que é una das cousas a que todas as xogadoras aspiramos."
Estamos seguros de que algún día a veremos ocupando ese posto na selección absoluta que, sen dúbida, merece.
¡¡¡ NORABOA !!!
( categories: )
PARTICIPACIÓN NO RALLY MATEMÁTICO 2023Enviado por admin o Mar, 18/04/2023 - 03:26
18/04/2023 08:22
Atlantic/Bermuda
Co Patrocinio da Xunta de Galicia, celebramos o XXXI Rally Matemático 2023. Este concurso está destinado aos estudantes dos seguintes cursos: 1º, 2º, 3º e 4º de Matemáticas da ESO; en grupos de 8 alumnos e alumnas (pertencentes á mesma clase). Este ano participaron 8 alumnos de 2º da Eso B. Nos outros grupos non se deron conseguido oito participantes para formar un equipo. A proba consistiu na resolución de 5 problemas o martes 11 de abril ás 4 da tarde. A proba tiña unha hora de duración, podían enviar as respostas breves o máis rápido que puidesen a partir das 16:10 horas e logo podían enviar a resposta máis detallada ata as 17:15 horas. Os obxectivos eran:
Material a empregar:
Foi unha actividade na que pasaron un rato agradable , pois quedáronse a comer todos na cafetería do centro ( invitados polo instituto) e acompañados polo profesor Xosé, e logo traballaron en equipo para a resolución dos problemas. Aquí estiveron acompañados dos profesores do Departamento de Matemáticas Fran, Xosé e Ángeles.
BECAS CURSO 2022-2023Enviado por admin o Lun, 27/03/2023 - 10:23
27/03/2023 15:19
Atlantic/Bermuda
O alumnado que o vindeiro curso vaia realizar estudos de Bacharelato, Formación Profesional, FP de grao básico, ensinanzas artísticas, deportivas, de idiomas ou estudos Universitarios , pode solicitar beca para o curso 2023_24.
Desde hoxe e ata o 17 de maio, a través da sede electrónica del Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Máis información na web de becas do Ministerio de educación: Difundindo o Servizo de Mediación do IES Poeta Díaz CastroEnviado por admin o Dom, 26/03/2023 - 07:06
26/03/2023 12:00
Atlantic/Bermuda
Compartimos o vídeo de difusión que o Equipo de Mediadores baixo a dirección de Cristina de la Torre creou para dar a coñecer cal é a súa función no noso instituto.
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024Enviado por admin o Mér, 01/03/2023 - 08:53
Aberto o prazo de presentación de solicitudes para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos
do 1 ao 20 de marzo de 2023
O impreso de admisión (modelo ED550B) pódese cumplimentar e descargar da web
www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
ou ben recoller na secretaría do centro.
As solicitudes poderán presentarse de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ,
ou ben de xeito presencial na secretaría do centro.
( categories: )
Novas Normas de Organización e FuncionamentoEnviado por admin o Mar, 07/02/2023 - 04:43
07/02/2023 09:38
Atlantic/Bermuda
Durante o pasado mes de febreiro o Claustro e Consello Escolar do IES Poeta Díaz Castro aprobaron as novas Normas de Organización e Funcionamento. Na súa elaboración participaron profesores, alumnos e familias, baixo a dirección da Comisión de Convivencia do centro. Compartimos, aquí, o documento, co interese de difundilo entre toda a comunidade educativa. ENLACE ÁS NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO IES POETA DÍAZ CASTRO (V. 02/2023)
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |