Mellorando espazos

Enviado por admin o Mar, 04/06/2024 - 14:56
04/06/2024 19:40
Atlantic/Bermuda

Como sabedes, levamos varios anos comprometidos coa mellora do espazo para facer do centro un lugar acolledor e, tamén, conseguir que o propio espazo sexa un axente para a aprendizaxe.

O ano pasado comprometímonos a continuar na creación e consolidación dos sete espazos creados. Compartimos convosco os resultados das propostas de mellora:

 

RECUNCHO DA NATUREZA

Este ano incorporamos a estación meteorolóxica (que permitiu a participación en Meteoescolas) e dimos unha nova vida aos carballos que estaban no invernadoiro, nun plan de acollemento noutros lugares, chamado "Adopta un carballo". Veremos como van medrando nas novas vivendas...

Por outra banda, seguimos empregando os bancais (con importancia vital no eTwinning deste curso, ao igual ca estación meteorolóxica) para sementar e observar co obxectivo de crear un calendario fenolóxico e estudar a influencia do clima no crecemento.

Outro dos elementos optimizado este curso foi a composteira, ben chea para abonar os nosos bancais e mesas de cultivo a fin de curso.

Queres saber máis? “Y si cambia el clima... qué ocurre?”

 

ACTIVA A TÚA MENTE

Desde a materia de disposición de centro, organizouse un interesante avance neste espazo: cada xoves a entrada converteuse nun lugar para o xogo de mesa e, con el, a socialización, a estratexia, o divertimento...

Houbo, tamén, espazo para o xadrez, desde o departamento de matemáticas!

Mirade, foi moi interesante!

 

ESPAZO CREATIVOS

Esta foi, sen dúbida, a zona que modificou de xeito máis salientable. Con intervención de varias materias, de varios departamentos, coa axuda de alumnos voluntarios ou que prestaban servizos á comunidade, conseguimos mellorar a parte traseira do centro, este é o seu estado actual... e segue a renovación!

 

AULA SLOW

Como proxecto de investigación na materia de disposición de centro para 1º de BAC, este é o espazo máis interesante dos creados... será capaz de modificar a nosa metodoloxía? seremos quen de deixar a présa fóra?

Podes ver aquí o proceso de creación e os resultados da man dos protagonistas!