Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
O galego lévame lonxe!Enviado por mariagomezdiaz o Lun, 22/01/2024 - 18:34
Do último estudo sociolingüístico realizado á comunidade educativa do IES Poeta Díaz Castro, resultaron algúns datos no relativo á autoestima lingüística do alumnado, galegofalante nunha alta porcentaxe (arredor do 80%), observándose usos diglósicos en numerosas situacións comunicativas. É por este motivo que o traballo do EDLG deste centro se centrou, en numerosas ocasións, non tanto en atinxir novas falantes senón en fomentar o orgullo e autoestima lingüística. Neste sentido, unha das ferramentas máis poderosas para reverter a situación está a ser o reforzo positivo apoiado no carácter internacional que ten a nosa lingua polo seu vínculo co espazo lusófono, argumento que conta co apoio lexislativo da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o Aproveitamento da Lingua Portuguesa e Vínculos coa Lusofonía (“Lei Paz Andrade”). “O galego lévame lonxe” é un proxecto que xorde da colaboración entre dous centros, o noso IES e mais o IES A Sangriña, da Guarda. O obxectivo principal e fin último é o aumento da valoración positiva da lingua galega na comunidade educativa do noso IES, sobre todo do alumnado actual e tamén do futuro, espertando nel a conciencia da oportunidade que supón o coñecemento da lingua galega para o acceso á cultura e lingua dos máis de 250 millóns de persoas que se comunican en portugués no mundo. Así mesmo, aumentarmos o uso e valoración da nosa lingua entre o alumnado de procedencia estranxeira como tamén do alumnado castelanfalante, servíndonos deste mesmo argumento. Outros obxectivos son os seguintes: - De maneira transversal, e como non podía ser doutro xeito, tamén constitúe un obxectivo deste proxecto a práctica dunha educación de calidade, inclusiva e equitativa, como promoven os ODS 4, 5 e 10 da Axenda 2030 que, no caso concreto do noso IES, son obxectivos comúns a diversos proxectos levados a cabo polos diferentes departamentos didácticos, así como liñas habituais do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) do centro. - Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural galego e do espazo lusófono. - Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para o mantemento da identidade de Galiza e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a comunicación con outras linguas, en especial coa comunidade lusófona. - Mantermos o traballo cooperativo, ben entre departamentos, ben entre centros, é outro obxectivo fixado para este proxecto, co fin de compartir coñecementos e materiais didácticos motivadores. - A colaboración con entidades culturais e institucións locais na consecución do obxectivo principal. - Potenciarmos o uso e valoración da lingua galega nas TIC, así como o uso e valoración da lingua portuguesa por parte das galegofalantes no acceso e uso das TIC. - A divulgación entre a comunidade educativa dos resultados do proxecto e a súa repercusión na dinamización e valoración social da lingua galega. VAMOS LÁ!!!!
( categories: )
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |