CICLO MEDIO SOLDADURA E CALDEIRARÍA NO IES POETA DÍAZ CASTRO

Enviado por admin o Mér, 15/06/2022 - 04:46

Foi publicada no portal de FP a oferta de formación profesional para o próximo curso 2022-2023, nos distintos réximes e modalidades.

Segundo dita oferta, no IES POETA DÍAZ CASTRO se impartirán, no vindeiro curso, os estudos de Formación Profesional de Grao Medio de Soldadura e Caldeiraría.

O prazo de solicitude de admisión ábrese o día 23 de xuño e remata o día 5 de xullo. Pódese consultar toda a información sobre prazos neste enlace.

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Toda a información relacionada con este proceso de admisión pode consultala no enlace seguinte:

 

ADMISIÓN AO CICLO DE GRAO MEDIO

 

  Noticias relacionadas coa Formación Profesional.