Guitiriz invadiu A Coruña

Enviado por admin o Mar, 11/06/2013 - 03:56

O día 10 de xuño, unha delegación do instituto acompañou a Alfonso Blanco Torrado, coordenador da Asociación Cultural XERMOLOS, á presentación na Real Academia Galega dos actos de conmemoración do centenario do nacemento do poeta que dá nome a este centro: Xosé María Díaz Castro.

Aquí podedes consultar a reseña no xornal: Información en "La Voz de Galicia"

E aquí podedes ver algunhas fotos do acto: Fotografías da presentación na R.A.G.

A ver se temos sorte e conseguimos entre todos que o vindeiro ano, o Día das Letras Galegas lle sexa adicado ao poeta guitiricense.