PCPI de FABRICACIÓN MECÁNICA (soldadura)

Enviado por admin o Mér, 30/05/2012 - 02:50

O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, oferta, ademáis dos estudos de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato, a posibilidade de cursar os estudos do PROGRAMA DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL, na modalidade de FABRICACIÓN MECÁNICA, tamén coñecida como Soldadura.

Para iso contamos con un dos talleres mellor dotados da nosa comunidade autónoma, así como cun grupo de profesionais do ensino dinámico que ano tras ano leva adiante proxectos educativos recoñecidos tanto a nivel nacional como internacional.

Bota unha ollado ao tríptico e non dubides en consultarnos o que estimes oportuno.