Proxecto Terra: A Cidade de Pontevedra

Enviado por admin o Xov, 29/03/2012 - 08:17
00/00/
Array

O alumnado de 3º ESO (PDC incluido) desprazase o día 10 de abril a Pontevedra para participar na actividade programada no marco do Proxecto Terra.

Aquí tedes  o programa da actividade:

10:30.- A visita inícase cun percorrido en autobús pola ría ata chegar ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

11:00-12:30.- Paseo polo parque de Lourizán con explicacións a cargo dos guías do parque.

12:30-13:15.- Paseo en autobús desde Lourizán por distintos barrios de Pontevedra, rematando

o percorrido as 13:15 na Alameda, diante do Concello.

13:15-14:15.- Paseo polo centro histórico de Pontevedra facendo fincape nas actuación de peonalización e restauración así como na arquitectura histórica do casco. Rematamos as 14:30 na Peregrina.

14:15-15:15.- Tempo para o xantar, que corre pola vosa conta. As 15:15 xuntaredevos o grupo na praza da Ferrería para encamiñarvos cara o Museo de Pontevedra.

15:30-17:00.- Visita guiada ao museo de Pontevedra a cargo dos guías do museo. A visita pretende explicar a historia do museo, os seus edificios e coleccións que acolle.

17:00.- Remataremos a visita, recolléndovos o autobús na beira do rio, nun punto próximo ao museo, encamiñándovos de volta cara o centro.

Non faremos paradas no autobus ata chegar a Lourizan as 11:00 polo que sería aconsellable que foran ao aseo antes de sair. Tamén deberían levar un pequeno bocadillo, froita, bebida... para media mañá xa que non faremos paradas ata a hora de xantar ás 14:15.