Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Abril 17, 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
17
18
Start: 18/04/2023 08:22

Co Patrocinio da Xunta de Galicia, celebramos o XXXI Rally Matemático 2023.

Este concurso está destinado aos estudantes dos seguintes cursos: 1º, 2º, 3º e 4º de Matemáticas da ESO; en grupos de 8 alumnos e alumnas (pertencentes á mesma clase).

Este ano participaron 8 alumnos de 2º da Eso B. Nos outros grupos non se deron conseguido oito participantes para formar un equipo.

A proba consistiu na resolución de  5 problemas o martes 11 de abril ás 4 da tarde.

A proba tiña unha hora de duración, podían enviar as respostas breves o máis rápido que puidesen a partir das 16:10 horas e logo podían enviar a resposta máis detallada ata as 17:15 horas.

Os obxectivos eran:

  • promover a ciencia e as matemáticas entre os estudantes, 

  • demostrar que non están reservados para unha elite, que son atractivos e accesibles para todos, Matemáticas para todos, non só para os que acadan boa nota na materia. 

  • propiciar a resolución colaborativa de problemas. 

Material a empregar:

  • Todo tipo de materiais, incluídos libros de texto e calculadoras, agás internet e teléfonos móbiles 

 

Foi unha actividade na que pasaron un rato agradable , pois quedáronse a comer todos na cafetería do centro ( invitados polo instituto)  e acompañados polo profesor Xosé, e logo traballaron en equipo para a resolución dos problemas. Aquí estiveron acompañados dos profesores do Departamento de Matemáticas Fran, Xosé e Ángeles.

 

19
20
21
22
23
Distribuir contido