Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Abril 19, 2013
Start: 19/04/2013 00:20
End: 19/04/2013 14:00

Baixo a coordenación do Departamento de Matemáticas, o vindeiro venres un grupo de alumnos/as do noso centro se desplazarán ao I.E.S. XOAN MONTES de Lugo para participar na 2ª Fase da Olimpiada Matemática Galega.

Os/as alumnos/as que asistirán a esta cita son:

 

JAVIER LÓPEZ VERERS

JESÚS ROCA IGLESIA

SARA CAMPOS GONZÁLEZ

NOEMÍ CARRO PAZ

Sorte a todos eles!

Martes Abril 23, 2013
Start: 23/04/2013 10:00
End: 23/04/2013 12:00

Organizada pola Biblioteca do centro, o pasado 23 de abril de 2013, día do Libro, un grupo de alumnos/as do noso instituto, fixeron unha visita aos colexios de Lagostelle, Parga e A Castellana no que intentaron transmitir o seu interese pola lectura aos máis novos.

Facendo afición!

 

 

Xoves Abril 25, 2013
Start: 25/04/2013 00:30
End: 25/04/2013 13:45

Programada polo Departamento de Música do IES POETA DÍAZ CASTRO, o vindeiro xoves día 25 de abril, alumnado deste centro asistirá no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela a un concerto didáctico.

Nesta actividade o alumnado estará acompañado polas profesoras SANDRA TENREIRO DOLDÁN e CONSUELO OTERO YÁÑEZ.

 

 

 

Luns Abril 29, 2013
Start: 29/04/2013 08:30
End: 29/04/2013 14:45

Organizada polo DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS do IES Poeta Díaz Castro, o vindeiro luns día 29 de abril, o alumnado de 4º de ESO, 4º de PDC e 1º de BAC realizará unha visita a Santiago de Compostela na que desenvolverán diversas actividades relacionadas coas Matemáticas e coa Historia.

Serán os profesores acompañantes nesta ocasión VÍCTOR POLLÁN FERNÁNDEZ e SANTIAGO DANS SAMPEDRO.

Sairán do instituto ás 8:30 h., tendo prevista a chegada de novo ao centro ás 14:45.

 

 

 

Martes Abril 30, 2013
Start: 30/04/2013 12:00
End: 30/04/2013 13:00

QUE? Unha selección de contos...

QUEN? Alumnado de 1º de ESO, que ademási foron quen os escribiron...

CANDO?  O martes, 30 de abril de 2013

A QUE HORA?  Ás 12:25 do mediodía

ONDE? En RADIO PRINCIPAL-VILALBA

BÚSCANOS EN: No dial 87.7 da FM

 

PONTE EN ANTENA!!!

 

 

Distribuir contido