Outro día máis o alumnado de 1º de Bacharelato participa con gran entusiasmo e disposición na análise e medida da mostra da auga de choiva recollida. Nas fotografías pódense observar aos alumnos realizando esta práctica:
O noso alumnado de 1º de Bacharelato, achégase ao pluviómetro para facer a recollida da mostra e a súa posterior medición e análise, aproveitando a sesión para recibir as debidas explicacións do seu docente: Pablo López, que os acompaña na foto.