O vindeiro martes 5 de decembro os nosos alumnos de 2 de bacharelato e máis os alumnos do segundo curso dos ciclos de Administración e finanzas, Xestión Administrativa e Instalacións Eléctricas participaron nunha sesión sobre emprendemento dentro do programa EDUEMPRENDE organizado pola Consellería de Educación en colaboración coa o IGAPE e coa participación da emprendedora local Teresa Guitierrez que compartiu connosco o seu proxecto ClaudinaRomero.
Xa era hora de que vos presentásemos o EQUIPO DE VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA, estas rapazas e rapaces forman parte do día a día da biblioteca e nos fan o traballo moito máis motivador e divertido... Así que xa sabedes contade con eles para dúbidas, consultas e préstamos na nosa biblioteca....
Dende a BIBLIO de Sabón compartimos convosco unha lista de propostas para disfrutar lendo; pero tamén grazas á inestimable colaboración da nosa orientadora Ana uns títulos estupendos para traballar na aula ou simplemente consultar, e un video-xogo que non podedes deixar de ver chamado HAPPY: CHICAS NUEVAS 24 HORAS.
A nosa ex-alumna Mar Delgado, do CM de conducción de actividades físico-deportivas no medio natural, gaña a proba da Liga Galega de Orientación en bici de montaña, disputada en Begonte o pasado 6 de maio.