Skip to Content

Saída ao Castro de Elviña e ao Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.

    O alumnado de 1º de Fp Básica de Cociña e os de Electricidade realizaron o pasado 30 de novembro unha saída didáctica ao Castro de Elviña e ao Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de S. Antón.

   Nunha primeira parte da experiencia acudiron ao Castro, onde lles esperaba Aurora, guía turística do Castro e do museo, Aurora relatoulles diversos aspectos do lugar, empregando ao longo do percorrido unha serie de obxectos moi signifcativos para comprender os costumes e a vida diaria dos habitantes do Castro.

   Os/as alumnos/as coincidiron en que o máis interesante e curioso de toda a visita foi o alxibe, única estructura de almacenamiento de auga conservada no castro.

   A saída finalizaou no Castelo de S. Antón, fortaleza na que puideron ver moi de cerca diferentes obxectos recuperados nas excavacións. Resultoulles especialmente interesante O Tesoro de Elviña, do que xa se falara durante a visita ao castro.

  Nas fotos pódense observar diferentes momentos da saída.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut