O noso IES está de noraboa, acabamos de ser admitidos (aínda provisionalmente) no Plan Proxecta+.
O programa busca concienciar á comunidade educativa coa necesidade de mellorar a calidade do medio en que vivimos co fin de garantir a sustentabilidade do noso medio de vida. Proporemos a análise inorgánica dos contaminantes presentes no aire mediante a recollida da auga da chuvia.