Skip to Content

DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA NAS PROBAS DA ABAU 2024

   Para facer a matrícula no IES, necesitaredes:

  • Fotocopia do DNI, levar tamén o orixinal.
  • Fotocopia do libro de familia e orixinal (de ser o caso).
  • Comprobante do pago das taxas, no caso de facelo mesmo a través de medios dixitais.

 

Listaxe provisional probas libres para a obtención de títulos de FP

No enlace poderes consultar a información:

ENLACE Á NOVA

25 de Abril: Visita FP Innova

   No día de onte, visitaron a Cidade da Cultura de Galicia, Museo Gaiás o alumnado de 1º do Ciclo medio de Xestión Administrativa e o grupo de 1º de FpBásica de Electricidade e Electrónica. A visita enmárcase dentro do Congreso de Innovación na Formación Profesional, trátase da sexta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a Formación Profesional de Galicia.

   Algúns dos nosos alumnos ata tiveron a sorte de fotografarse co actual presidente da Xunta de Galicia, que tamén acudiu ao evento.

 

 

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

   O martes 23 de Abril celebramos o día do libro.

   As docentes voluntarias de Biblioteca fixeron unha decoración magnífica, que invita a vivir o libro, soñar despertos ao ver a extensa suxestión de títulos que nos amosan á entrada da Biblio.

   Facede un oco, para relaxarvos cun libro e deixade voar o voso maxín como o fan as bolboretas.

   Moitas grazas pola vosa labor e implicación ao EQUIPO DA BIBLIOTECA. Sodes increíbles!!!Guay

   Soñar entre bolboretas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut