Convocatorias

Curso na Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Instruccións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a selección de 50 alumnas e alumnos que finalicen os estudos de bacharelato en Galicia no curso 2009-2010, para asistir ao curso A Universidade que nos agarda. Encontros cos estudantes universitarios de Galicia, organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo

A Consellería financiará os estudantes seleccionados a matrícula e a estadía.

Calendario da Proba de Acceso á Universidade -PAU-

Convocatoria de Xuño de 2010

  • 18-31 de maio: Matrícula anticipada para o alumnado de COU ou Bacharelato LOXSE que superase os seus estudos de COU ou Bacharel en anos anteriores e para o alumnado que superase a proba de acceso á universidade en anos anteriores
  • 26 de maio: Data límite para a avaliación final de Bacharelato LOE
  • 27-28 de maio: Prazo de presentación de reclamacións ás cualificacións de Bacharelato LOE (lugar: centros de bacharelato)
  • 27-31 de maio: Prazo de pre-matrícula para a PAU nos centros de Bacharelato e entrega ao alumnado do resgardo de matrícula e código de acceso á aplicación informática Nerta
  • 1-2 de xuño: Matrícula Ordinaria para a realización da PAU (lugar: LERDs)
  • 2 de xuño: Prazo de presentación de reclamacións ás cualificacións de Bacharelato LOE ante a Comisión de Supervisión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
  • 7 de xuño: Publicación na CiUG, nos LERD e nos centros de Bacharelato das listaxes provisionais de matriculados por centro para a PAU
  • 9 de xuño: Matrícula Extraordinaria para a realización da PAU (lugar: LERDs)
  • 10 de xuño: Publicación na CiUG, nos LERD e nos centros de Bacharelato das listaxes definitivas de matriculados por centro para a PAU
  • 16, 17 e 18 de xuño: Realización dos exercicios da PAU.
  • 25 de xuño: Publicación das cualificacións provisionais da PAU (ás 20,00 horas)
  • 28-30 de xuño: Prazo de presentación das solicitudes de segunda corrección e das solicitudes de reclamación ás cualificacións da PAU
  • 2 de xullo: Publicación dos Anexos de resolución das solicitudes de segunda corrección e das solicitudes de reclamacións ás cualificacións da PAU (ás 15,00 horas)
  • 5-7 de xullo: Prazo de presentación de solicitudes de reclamacións ao resultado da segunda corrección das cualificacións da PAU.
  • 8 de xullo: Publicación dos Anexos de resolución das solicitudes de reclamación ao resultado da segunda corrección das cualificacións da PAU (ás 15,00 horas).
Distribuir contido