Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2010/2011
Mér, 18/05/2011 - 12:42
Publicación da Circular nº 5/2011 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2010/2011:
Reclamacións no centro. Prazos
- Convocatoria ordinaria: 25 e 26 de maio de 2011 (ata as 14 horas).
- Convocatoria extraordinaria: 5 e 6 de setembro de 2011 (ata as 14 horas).
Reclamacións ante a comisión de supervisión (Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo. Prazos
- Convocatoria ordinaria: antes das 18 horas do día 31 de maio de 2011.
- Convocatoria extraordinaria: antes das 19 horas do día 7 de setembro de 2011.
Remisión do expediente ante a comisión de supervisión. Prazos
- Convocatoria ordinaria: antes das 14 horas do día 1 de xuño de 2011.
- Convocatoria extraordinaria: antes das 14 horas do día 8 de setembro de 2011.