XVIII Semana Cultural IES de Curtis

11/04/2011 00:45
15/04/2011 14:25
Etc/GMT+1

NORMAS

 

  1. Non se programarán outras actividades ou exames que interfiran co desenvolvemento das actividades programadas.
  2. As actividades están pensadas para uns grupos determinados, en función do interese e da capacidade dos espazos asignados; polo tanto, é preciso respectar os grupos aos que van dirixidas e non poderán asistir máis cós previstos.
  3. As actividades realízanse coa asistencia do alumnado e do profesorado responsable das materias que se imparten nesas horas, que estará presente no Salón de Actos para axudar a manter a orde e atención necesarias
  4. O profesorado de garda desenvolverá as súas funcións normais, procurando ademais que non haxa barullo no corredor que linda co salón de actos.
  5. As actividades teñen hora de comezo. Algunhas delas están deseñadas para unha sesión lectiva de duración, outras para sesión e media e outras para dúas, ademais poden rematar antes de tempo. Caso de que tal cuestión aconteza, o profesorado que ten clase nesa sesión co alumnado que está presente na actividade debe levalo á aula para continuar a actividade académica segundo o horario lectivo do centro.
  6. As actividades que non teñen hora e data de realización serán debidamente comunicadas por medio do correo electrónico ao profesorado. Prégase, durante a semana do 11 ao 14 de abril, observar con asiduidade este medio de comunicación. En caso de suspensión dalgunha actividade, tamén será debidamente comunicada.

NOTA IMPORTANTE

Hai unha actividade que non aparece no programa e que se aprobou na reunión celebrada hoxe as 12:25 na Sala do Profesorado.

Venres 15 de abril

Hora: Todo o día

Actividade: visita a Santiago do alumno de Arte de 2º de Bacharelato B, para coñecer o Barroco, visitar o CGAG e a Cidade da Cultura.

AdxuntoTamaño
xvii_semana_cultural_ies_curtis_triptico_2011_triptico.pdf2.12 MB