Asinado o convenio para a implantación do Ciclo Superior Dual de Automoción

O I.E.S. de Curtis engade á súa oferta formativa a partir do curso 2021/22 o Grao Superior en Automoción, na modalidade de FP Dual. (consulta aquí o calendario de matrícula)

Esta nova xanela aberta permitirá continuar coa súa formación ao alumnado que xa cursa o Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles, do mesmo xeito que abre unha nova saída a aqueles alumnos e a aquelas alumnas que rematan os seus estudos de Bacharelato ou cursaron outro grao medio.

O 54% da formación levarase a cabo no noso centro, mentres que o 46% restante será responsabilidade das empresas colaboradoras. O alumnado percibirá a metade do salario mínimo en concepto de bolsa durante a súa estancia nestas empresas, as cales pertencen aos sectores de automoción, agrícola-industrial e mantemento industrial, e son as seguintes:

 Na zona de Curtis:

  • Maquinaria Agrícola Romay SL
  • Agrícola Castelao SL
  • Agrícola Curtis SL
  • Teixeiro Automoción SL
  • Talleres TAMECA
  • Sergrauto
  • Agrobarreiro SL
  • Durán Maquinaria Agrícola SL
  • Alcongal SCOOP
  • Aserpal SA

 A estas empresas únenselles desde distintas localidades:

  • Grupo Lual Automoción SL (Melide)
  • Plataformas elevadoras, grúas y servicios de transporte Norte SLU (Santiago de Compostela)
  • Talleres Álvaro (Arzúa)
  • Integral Motion SL (Bergondo)
  • Manuel Rey Automóviles SA (Betanzos)
  • Agrelo Móvil SL (Arteixo)

  

Montaxe dun motor en tempo récord from Curtisbiblio on Vimeo.