FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 2020/21
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O 19 DE XUÑO DE 2020
Publicada a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a partiipaiión no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostdos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021 (código de procedemento ED330B) (DOG 19 de maio de 2020).
Premendo aqui pódese aceder a Orde, Anexos e aplicación para encher e presentar telemáticamente as solicitudes.
PRAZOS:
- Solicitude de axudas: Ata o 19 de xuño de 2020
- Devolución de libros curso 19/20: Ata o 7 de xullo de 2020
- Materias suspensas, devolución de libros 19/20: 7 de setembro de 2020
- Publicación listaxe provisionais: 13/07/2020
- Reclamación as listas provisionais: 14 e 15/07/2020
- Publicación listaxes definitivas: 14/09/2020
Achegase documento resumo
Dada a situación xerada pola pandemia Covid-19 recoméndase a entrega por medios telemáticos. No caso de non poder presentar a documentación a través da sede electrónica poderá escanearse a solicitude asinada e documentación complementaria e remitila ao correo electrónico do IES ies.curtis@edu.xunta.gal, sempre respectando os prazos indicados.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Informacion axudas libros.pdf | 238.57 KB |