No día de hoxe, a presidenta da Asociación de Déficit de Atención e Hiperactividade de Pontevedra (ADAHPO) Monserrat Álvarez e as terapeutas Jésica Fraguas Vieitez e Natalia García Meijueiro impartiron un obradoiro co alumnado de 1º ESO, en colaboración coas profesoras das materias de Relixión Católica e Valores Éticos e o Departamento de Orientación do noso centro.
A curtametraxe O Cazo de Lorenzo presenta a Lorenzo , un neno que carga cun cazo, un cazo vermello que lle oprime, deprímelle e que fai que lle custe máis que aos demais nenos e nenas conseguir certas cousas. Este cazo é a materialización da súa diferenza respecto dos demais.
O alumnado reflexionou sobre a importancia de desenvolver valores como o respecto ás diferenzas , a colaboración e o compañeirismo.