Skip to Content

Complementarias

O sexting. Aprendizaxe entre iguais.

Un grupo de alumnado voluntario deseñou un podcast educativo xunto cunha unidade didáctica sobre o sexting. Están a realizar un servizo entre iguais, impartindo clases aos compañeiros e compañeiras.

Cun 26,8%de adolescentes implicados/as nesta práctica de risco, segundo un estudo da USC, é máis importante ca nunca compartir coñecementos e experiencias.

Únete a nós nesta iniciativa de aprendizaxe entre iguais!

#educaciondixital

#seguridadeenliña

#podcastescolar

#aprendizaxeentreiguais

Para acceder ao podcast, prema na seguinte imaxe:

Visita do 2ºcurso de ESO a Santiago de Compostela

Hoxe o alumnado de 2°ESO, acompañado polas profesoras Marta Rivadulla Bendaña e Milagros García Rajoy, visitou a catedral de Santiago de Compostela.
Alí coñeceu de primeira man o Pórtico da Gloria do Mestre Mateo e as principais características estilísticas do románico e do barroco galego.

A saída rematou no Museo do Pobo Galego, onde visitaron o Panteón de Galegos ilustres e a única escaleira triple helicoidal de Domingo de Andrade.

Parabéns ao departamento de xeografía e historia pola iniciativa e organización. 

Presentación da Lectura Continuada da obra « A República dos Sonhos » de Nélida Piñón.

Onte tivemos o pracer de realizar no noso centro a presentación da Lectura Continuada da obra « A República dos Sonhos » de Nélida Piñón.
Esta interesante iniciativa parte da AGAL (Associaçom Galega da Língua) e conta coa colaboración do noso concello de Cerdedo-Cotobade.

Obradoiro do Programa Coeducación e Educación non sexista da Cruz Vermella Xuventude

Hoxe o alumnado de 2º e 3ºESO asistiu ao obradoiro do Programa Coeducación e Educación non sexista da Cruz Vermella Xuventude, enmarcado na Campaña do 8 de marzo polo Día Internacional da Muller. Obradoiro dirixido por Marta Peón Filgueira, Educadora Social da Cruz Vermella.


Día de Rosalía de Castro 2024

 

Programa Quérote +

Dende as titorías de 3ºESO seguimos traballando a educación afectivo-sexual co programa Querote + . Que é a sexualidade? Que é o desexo e a identidade sexual? Dende o respecto pola diferenza,  nos xeitos de sentir e desexar.
Velaquí algunhas fotografías relacionadas coas actividades 2 e 3 do programa.

 

Visita ao Xulgado de Pontevedra

Esta mañá o noso alumnado do 3º curso de ESO visitou o Xulgado de Pontevedra dentro do programa “Educar en Xustiza” promovido polo TSXG. 

Parabéns ao departamento de xeografía e historia pola organización e iniciativa. 

Visita ao museo de Pontevedra e teatro en inglés

O pasado xoves 11 de xaneiro, os grupos de 1º e 2º curso de ESO asistiron á representación da obra de teatro en inglés I Spy, na sede da Fundación ABANCA en Pontevedra.

O noso alumnado desfrutou da interpretación dos membros da compañía Face to Face e dalgúns dos grandes artistas que temos entre nós.

Ademais, o alumnado de 1ºESO fixo unha visita guiada ao Museo de Pontevedra, polos edificios Castelao e Sarmiento. Coñeceron o Tesouro de Caldas, a historia da fábrica de cerámica de Sargadelos, a pintura do século XVIII e a obra completa de Castelao.

Parabéns aos departamentos de inglés e de EPVA pola iniciativa e organización.

Obradoiro loita contra o VIH

Hoxe a Cruz Vermella Xuventude ofreceu un taller ao noso alumnado de 3º e 4º curso de ESO. Obradoiro enmarcado na « Campaña 1 de decembro. Día mundial da loita contra o VIH. » Cruz Vermella Xuventude - Xunta de Galicia.


Obradoiro de Zentangle con Elisabet Hillerud

Hoxe os/as nosos/as pequenos/as artistas desfrutaron dun obradoiro de Zentangle con Elisabet Hillerud #zengoala. 

A actividade está enmarcada no Proxecto Competencial « Zentangle » de 1ºESO A e 1ºESO B, coordinado pola profesora de EPVA, Beatriz Pérez Espiña. Velaquí as mostras das súas creacións. Destacamos o seu esforzo por comunicarse en inglés coa artista ao longo do taller.
Parabéns pola actividade!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut