Skip to Content

Grupos, Horarios - Grupos, Matrícula, Bolsas - Axudas , Lexislación, Libros de Texto, Documentación xeral e impresos, Faltas de asistencia. Procedemento, Validacións- Titulacións, FSE Contratos Programa, ARCO, Avisos

Calendario escolar curso 2024-2025

O comezo de curso e incorporación ao centro terá lugar o vindeiro mércores 11 de setembro, para todos os grupos en horario habitual, de 9:15 a 14:40.

Incluíndo servizo de transporte e comedor para o alumnado beneficiario. 

Publicación da listaxe definitiva do alumnado beneficiario do fondo de libros para o curso 2024-25

Publícanse no día de hoxe as listas definitivas do alumnado beneficiario do fondo solidario de libros de texto para o curso 2024-25, nas que se detallan o número de libros adxudicados por materia.

Á vez, emítense os vales para a adquisición de material escolar que poderán ser recollidos no centro a partir de hoxe (polo pai / nai, titor/a legal ou adulto autorizado documentalmente).

De acordo co establecido na normativa de fondodelibros e lei de protección de datos, non se facilitará a información de forma telefónica e a lista só estará accesible no interior do centro educativo no taboleiro de anuncios de secretaría, polo que deberán acudir ao centro no horario de apertura do mes de xullo, de 10:00 a 13:00.

Lembramos que o luns 29 de xullo, o centro permanecerá pechado pola festividade local do Ecce-Homo.

Publicación da listaxe provisional do alumnado beneficiario do fondo de libros para o curso 2024-25

Publícase no día de hoxe a listaxe provisional do alumnado beneficiario do fondo solidario de libros de texto para o curso 2024-2025. 

De acordo coa Orde do  7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto (Capítulo IV, artigo 24) as persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días hábiles seguintes ao da publicación da listaxe provisional.

Segundo o establecido na normativa de fondolibros e lei de protección de datos, non se ofrecerá a información de forma telefónica e a lista só estará accesible no interior do centro educativo no taboleiro de anuncios de secretaría, polo que as persoas interesadas deberán acudir ao centro no horario de apertura do mes de xullo, de 10:00 a 13:00.

Listaxe de libros de texto para o curso 2024-2025

Para ver ou descargar a listaxe, prema na seguinte imaxe.

Prazo de matrícula para o curso 2024-25


Infórmase que o prazo de matricula comeza desde o día de hoxe, 25 de xuño, ata o 10 de xullo de 2024. 

Hoxe, xunto coa entrega de boletins de notas, entregóuselle ao alumnado unha carpeta con instrucións, procedemento, prazos e todo o necesario para formalizar a respectiva matrícula. Os exemplares repartidos atópanse na administración do Centro, para quen os precise. 

Lembre que a devandita documentación debe ser entregada na administración do Centro nos prazos establecidos, de luns a venres de 10:00 a 14:00.

A partir do día 11 de xullo ata final de mes, o horario será de 10:00 a 13:00. 

Calendarios e organización do final de curso 2023-2024

Achéganse os documentos coa organización dos últimos días lectivos do curso 2023-24.

Atópanse dúas instrucións diferentes:

Pregamos revisen, antes da devolución, o número e estado dos libros de texto (a correspondencia co lote adxudicado), o estado dos ordenadores EducaDixital ou o de calquera outro préstamo do que fora beneficiario/a .

Apertura do prazo de solicitudes para ciclos formativos de grao medio

Apertura do prazo de solicitudes para ciclos formativos de grao medio:

Do 24 xuño ás 9:00 ao 4 xullo ás 13:00 horas a través da aplicación informática

www.edu.xunta.gal/fp

Prazo e procedemento de solicitude do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2024-25

O 20 maio, publicouse no DOG a Orde do 7 maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquisición de libros de texto e material escolar.

PRAZO DE SOLICITUDES:

DO 21 DE MAIO AO 21 DE XUÑO 

Para ver ou descargar a Orde, as instrucións, anexos simplificados do IES de Cotobade, respostas ás preguntas máis frecuentes, prema no arquivo en PDF adxunto correspondente.

Pode acceder a toda a información no portal de fondo de libros:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Toda a información atópase colgada en soporte papel no taboleiro de anuncios da secretaría do centro. Asemade, no día de hoxe repartiuse en papel ao alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO do centro a documentación necesaria para formalizar a solicitude.

Fomentar o benestar dos nosos/as fillos/as

O vindeiro martes 28 de maio ás 18:30h terá lugar no noso centro unha charla a cargo da psicóloga Ángela Patricio Cal sobre benestar emocional, prevención da ansiedade, do estrés, crises e depresión, entre outros, nos e nas adolescentes.

Por favor, pregamos que cubran o seguinte formulario co obxecto de prever o número de asistentes: 

https://forms.gle/Cs2anCaXM9AF3yem8 

Avaliación de diagnóstico no 2º curso de ESO


En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado do 4ºcurso de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril 2024.
Pode atopar máis información, prema na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut