Skip to Content

Grupos, Horarios - Grupos, Matrícula, Bolsas - Axudas , Lexislación, Libros de Texto, Documentación xeral e impresos, Faltas de asistencia. Procedemento, Validacións- Titulacións, FSE Contratos Programa, ARCO, Avisos

Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 marzo de 2021 pola que se regula dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece procedemento reclamación das cualificacións

Para acceder á circular, prema no PDF adxunto.

Detállase o calendario do procedemento de reclamacións, prazos e documentación requirida.

Nese PDF, pódense descargar os modelos oficiais para as reclamacións, tanto ante o centro como ante a Xefatura Territorial.

ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda

Para ver o contido da orde, sobre o procedemento de reclamación prema no arquivo PDF adxunto.

Para a descarga do modelo oficial de reclamación ante o centro, prema no segundo arquivo.

Tamén o poderá solicitar na secretaría do centro.

Instrucións para a matrícula do curso 2021-2022

Para visualizar o documento en PDF prema no arquivo adxunto

Beneficios do CarnéXove


Trátase dnha tarxeta persoal e intrasferibel á disposición dos xóvenes galegos de entre 12 e 30 anos, que os acredita como tal, e coa que se poden obter descontos e ventaxas das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ó programa de Carné Xove, salvo excepcións propias de cada comunidade ou país.

Prezo:

6€ (Os xóvenes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ó 33%, terán dereito  á expedición gratuita de este carné). Ten unha vixencia de 2 anos.

Onde o podo facer?

Oficinas OMIX do Concello de Cerdedo-Cotobade .

Tedes toda a información na páxina Web do noso Concello de Cerdedo-Cotobade pinchando aquí.

IMPLANTACIÓN DA LOMLOE

Para acceder ao BOE, prema aquí.

CALENDARIO DE APLICACIÓN DA LOMLOE

O 30 de decembro publicouse a Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, coñecida como LOMLOE. 

A LOMLOE modifica a LOE de 2006 e deroga a LOMCE. 

Podedes ver o calendario de aplicación no arquivo adxunto

La LOMLOE | Blog Juventud Gijón

ED330B - Participación no fondo solidario de libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.



Para acceder á información da sede da xunta de galicia sobre o procedemento, prema aquí.

Toda a información e documentación está exposta no taboleiro de anuncios da secretaría do centro.

Poden consultar a información proporcionada pola secretaría do IES de Cotobade e descargar os anexos I e II de solicitude, propios do centro, premendo nos seguintes adxuntos.

Ti© Emprendes

TI© EMPRENDES é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra que pretende mellorar a empregabilidade, tanto por conta propia como allea, da mocidade que habite ou vaia habitar nalgún dos concellos rurais da provincia. O seu obxectivo é formar 390 persoas mozas en 26 accións formativas específicas de emprendemento, co fin de vinculalas co seu entorno e evitar o despoboamento do rural.

DIRIXIDO A:

Mozas e mozos entre de 16 a 30 anos.

Inscritas/os no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil Desempregadas/os.

Non integradas/os no sistema de educación ou formación.

Residentes nos concellos rurais (con cor no mapa) nos que se inclúe o noso Concello de Cerdedo-Cotobade. 
QUE OFRECE?

Formación en materias específicas de cada zona.

Titorías personalizadas para a procura de emprego.

Asesoramento para a creación da túa propia empresa.

COMO PODES PARTICIPAR?

Poderás inscribirte en calquera das accións formativas, xa sexan no concello no que estás empadroada/o ou nas de calquer outro municipio participante.

Para máis información,  prema aquí. 

Solicitude de inscrición telemática para realizar as probas de acceso a ciclos formativos de FP

Solicitude de inscrición telemática

Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao superior. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

Distribuir contido


by Dr. Radut