Skip to Content

Complementarias, Extraescolares

Programa Quérote +

Dende as titorías de 3ºESO seguimos traballando a educación afectivo-sexual co programa Querote + . Que é a sexualidade? Que é o desexo e a identidade sexual? Dende o respecto pola diferenza,  nos xeitos de sentir e desexar.
Velaquí algunhas fotografías relacionadas coas actividades 2 e 3 do programa.

 

Visita ao Xulgado de Pontevedra

Esta mañá o noso alumnado do 3º curso de ESO visitou o Xulgado de Pontevedra dentro do programa “Educar en Xustiza” promovido polo TSXG. 

Parabéns ao departamento de xeografía e historia pola organización e iniciativa. 

Visita ao museo de Pontevedra e teatro en inglés

O pasado xoves 11 de xaneiro, os grupos de 1º e 2º curso de ESO asistiron á representación da obra de teatro en inglés I Spy, na sede da Fundación ABANCA en Pontevedra.

O noso alumnado desfrutou da interpretación dos membros da compañía Face to Face e dalgúns dos grandes artistas que temos entre nós.

Ademais, o alumnado de 1ºESO fixo unha visita guiada ao Museo de Pontevedra, polos edificios Castelao e Sarmiento. Coñeceron o Tesouro de Caldas, a historia da fábrica de cerámica de Sargadelos, a pintura do século XVIII e a obra completa de Castelao.

Parabéns aos departamentos de inglés e de EPVA pola iniciativa e organización.

Obradoiro loita contra o VIH

Hoxe a Cruz Vermella Xuventude ofreceu un taller ao noso alumnado de 3º e 4º curso de ESO. Obradoiro enmarcado na « Campaña 1 de decembro. Día mundial da loita contra o VIH. » Cruz Vermella Xuventude - Xunta de Galicia.


Obradoiro de Zentangle con Elisabet Hillerud

Hoxe os/as nosos/as pequenos/as artistas desfrutaron dun obradoiro de Zentangle con Elisabet Hillerud #zengoala. 

A actividade está enmarcada no Proxecto Competencial « Zentangle » de 1ºESO A e 1ºESO B, coordinado pola profesora de EPVA, Beatriz Pérez Espiña. Velaquí as mostras das súas creacións. Destacamos o seu esforzo por comunicarse en inglés coa artista ao longo do taller.
Parabéns pola actividade!!!

Conferencia: "Pequenas heroínas. As bacterias que degradan o plástico".

O pasado martes 21 de novembro, o noso alumnado do 4° curso de ESO tivo a oportunidade e o honor de asistir a unha conferencia científica organizada pola Deputación de Pontevedra.


Tivemos o privilexio de contar con Dona Alicia Estévez Toranzo, vicepresidenta da Real Academia Galega das Ciencias, e mentora da investigadora Dona Sabela Balboa Méndez, principal encargada da conferencia. A actividade foi presentada polo noso alcalde, e deputado provincial Don Jorge Cubela López.


Durante hora e media, tivemos a oportunidade de coñecer o seu traballo de investigación sobre as bacterias que poderían degradar plásticos, e da importancia da súa contribución cara a un futuro sostible.


Ao longo da exposición, ademais de presentar o seu traballo dunha forma moi amena e ben axustada ao nivel do alumnado, fixeron partícipe ao alumnado, invitándoo a intervir con apreciacións, dúbidas e inquedanzas sobre a temática.
Salientamos que na rolda de preguntas finais xurdiron cuestións de gran interese, polo que as científicas animaron aos nosos estudantes a non ter medo a dirixir o seu futuro cara a investigación.

"Bosque atlántico", organizado pola Universidade de Vigo, achégase ao noso alumnado do 1° curso de ESO.

Este programa pretende dar a coñocer e poñer en valor o ecosistema autóctono do bosque atlántico das Rías Baixas, denunciando o altísimo nivel de degradación do mesmo polo uso masivo de especies invasoras, sobre todo con fines de aproveitamento forestal. 


O educador ambiental Marcos Guiadanes, realizou dúas visitas ao centro.
Na primeira,  fixo unha interesante exposición da historia dos nosos bosques, e do proceso de deterioro, e posteriormente, presentou ás que se consideran as 25 especies autóctonas dos bosques das Rías Baixas.

 Na segunda, os rapaces amosaron todo o que aprenderon na visita anterior, cun divertido xogo por equipos nun taboleiro tamaño XXL. 


Para a primavera rematará a actividade cunha visita ao bosque do CUVI no que se plantaron exemplares das 25 especies mencionadas.

 

A actividade foi promovida polo departamento de Bioloxía e xeoloxîa polo que agradecemos o compromiso do profesor e xefe de departamento Sergio Ramos Martínez. 

 


Exposición 25N e recursos de aula

Para visualizar a proposta de actividades do Departamento de Orientación partindo da exposición, prema aquí

Saída do alumnado de 1º e 3º ESO. Organizado pola Sección bilingüe do IES de Cotobade

 

Con motivo do final de curso académico a Sección Bilingüe de Bioloxía e Xeoloxía, organizou unha xornada de convivencia na península de O Grove para alumnado de 1º ESO e 3º ESO.

No Monte da Siradella, realizamos o roteiro dos miradores. Unha ruta circular polos distintos miradoiros que se atopan no alto do Monte Siradella para coñecer a historia das poboacións que se ven dende eles, coñecer as bateas, a fauna da contorna, as formacións xeolóxicas.

Esta ruta completouse cunha visita explicativa guiada á exposición da Aula de Interpretación da Natureza, e o visionado do  vídeo do Complexo intermareal Umia-O Grove.

Finalmente o alumnado goxou dun paseo pola Illa da Toxa en compañía do profesorado organizador, Victoria Carrera e Sergio Ramos, os profesores voluntarios, Lucía Tojo e Ricardo Maquieira, aos que agradecemos a súa colaboración, así como á nosa asistente lingüística, Thea Munji, que regresou para compartir un día máis connosco.


Actividade coa protectora de animais do Morrazo

Por primeira vez e tras a iniciativa da profesora Laura Magariños Seijo, o noso Centro participou nunha actividade coa Protectora de Animais do Morrazo. A actividade foi todo un éxito polo que agradecemos á profesora pola organización e innovación, ao profesorado voluntario e comprometido (Concepción Cabada, Javier García, José Manuel Ledo), ao alumnado participante de 2ºESO polo entusiasmo e disposición e por suposto á Protectora polo labor cotiá e por compartir os valores e a experiencia. Parabéns!!

Distribuir contido


by Dr. Radut