Enderezo: Río Tenorio s/n 36120 Cerdedo - Cotobade Teléfono: 886 15 97 84 Correo-e: ies.cotobade@edu.xunta.gal
Saída do alumnado de 1º e 3º ESO. Organizado pola Sección bilingüe do IES de Cotobade
Con motivo do final de curso académico a Sección Bilingüe de Bioloxía e Xeoloxía, organizou unha xornada de convivencia na península de O Grove para alumnado de 1º ESO e 3º ESO.
No Monte da Siradella, realizamos o roteiro dos miradores. Unha ruta circular polos distintos miradoiros que se atopan no alto do Monte Siradella para coñecer a historia das poboacións que se ven dende eles, coñecer as bateas, a fauna da contorna, as formacións xeolóxicas.
Esta ruta completouse cunha visita explicativa guiada á exposición da Aula de Interpretación da Natureza, e o visionado do vídeo do Complexo intermareal Umia-O Grove.
Finalmente o alumnado goxou dun paseo pola Illa da Toxa en compañía do profesorado organizador, Victoria Carrera e Sergio Ramos, os profesores voluntarios, Lucía Tojo e Ricardo Maquieira, aos que agradecemos a súa colaboración, así como á nosa asistente lingüística, Thea Munji, que regresou para compartir un día máis connosco.