Skip to Content

            

    

Declaración de política Erasmus+ e carta Erasmus 2021/2027 do IES Cidade de Antioquía

Poñemos a disposición de calquera persoa interesada a "Declaración de política Erasmus" do noso centro.

Para acceder á carta Erasmus 2021/2027 prema na seguinte LIGAZÓN.

Candidaturas ao consello escolar ano 2024

Advertido un erro na listaxe, vólvese a publicar o documento corrixido coas as candidaturas proclamadas pola xunta electoral aos distintos sectores das eleccións ao consello escolar no ano 2024.

Prema no enlace para ver en grande.

Acceso ás programacións didácticas.

Pódense consultar as programacións das materias no aplicativo PROENS da consellería de educación.

Acceso no seguinte ENLACE.

Eleccións ao consello escolar 2024

Atópase aberto o proceso de renovación de representantes da comunidade educativa no cosello escolar.

Toda a información relacionada e actualizada está no apartado "consello escolar" da marxe esquerda.

Calendario de eleccións ao consello escolar ano 2024

O próximo 22 de novembro celebraranse as eleccións ao consello escolar dos diferentes membros da comunidade educativa.

Na seguinte táboa amósase a composición do consello escolar e o número de membros que deben renovarse en cada sector mediante votación.

Sector

Membros no consello

Membros a renovar nesta convocatoria

Profesorado

7

3

Alumnado

4

3

Pais/Nais ou titores

3

1

Persoal de administración e servizos

1

1

 

Aquelas persoas interesadas en participar como candidatos no proceso electoral deberán presentar unha solicitude conforme aos modelos achegados nos enlaces inferiores ou a súa disposición na secretaría do centro, onde deberán ser entregados entre o 30 de outubro e o 8 de novembro.

A continuación amósase o calendario electoral aprobado pola xunta electoral.

Solicitude de participación profesorado.

Solicitude de participación alumnado.

Solicitude de participación pais/nais ou titores.

Solicitude de participación persoal de administración e servizos.

Días festivos 31 de outubro e 4 de novembro.

Este próximo 31 de outubro é o día escollido pola consellería para celebrar o día do ensino, polo que non é lectivo.

Ademáis o día 4 de novembro foi o día escollido polos centros educativos de Xinzo como festivo propio, polo que tampouco será lectivo.

Polo tanto entre o 31 de outubro e o 4 de novembro, ámbolos dous incluídos, non haberá clases.

Mobilidades Erasmus+ 2024/2025. Resolución definitiva.

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a resolución definitiva de mobilidades Erasmus + para o presente curso.

 

Actas e certificados de mobilidades Erasmus+ 2024/2025. Resolución provisional.

Están publicados no taboleiro de anuncios do centro as seguintes actas e certificados da resolución provisional de mobilidades Erasmus + para o presente curso:

  • Mobilidades para profesorado, programa Erasmus do centro.
  • Mobilidades para alumnado de ciclo superior, programa Erasmus do centro.
  • Mobilidades para alumnado de ciclo medio, consorcio da Xunta.

O prazo de reclamacións é de 3 días laborables.

Distribuir contido


by Dr. Radut