CS Educación Infantil

Visita á Ludoteca Parruliños

O día 24 de Maio as alumnas de Educación Infantil saímos a coñecer a Ludoteca Parruliños de Redondela. Unha iniciativa dunha antiga alumna do IES que montou un espazo de Ocio educativo para crianzas e que está a funcionar moi ben.
 
Alí poidemos deixar os traballos feitos na aula sobre texturas, anclaxes e emocions para que as crianzas os experimenten. Podes visita a súa páxina de Facebook na seguinte ligazón:
 

https://es-es.facebook.com/pages/category/Local-Service/Ludoteca-Parruli%C3%B1os-1452830848140893/

Ludoteca Parruliños 1 Ludoteca Parruliños 5
Ludoteca Parruliños 2 Ludoteca Parruliños 3
Ludoteca Parruliños 4 Ludoteca Parruliños 6

Visita a Coruña do alumnado do CS de Educación Infantil

O alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do réxime modular acudiu de visita o día 7 de maio a unha saída que durou toda xornada.
Primeiro o técnico de educación do Concello de Oleiros explicoulles os programas educativos para infantil e observaron de primeira ollada unha sesión de hortas escolares nun colexio.
Posteriormente acudiron a unha visita ao espazo Arkhé, onde observaron o espazo, explicáronlles as actividades, a súa liña metodolóxica, a creación da empresa,.... e mil cousas máis.
Pola tarde coñeceron a EIM A Caracola da man de Beatriz e Susana, visitaron o seu espazo e a súa forma de traballar, facendo fincapé nas actividades diarias no exterior chova ou faga sol, no seu programa de comedor con alimentos saudables e na metodoloxía de xogo e de movenento libre.
E xa para rematar a xornada, acudiron ao Centro Ágora onde as bibliotecarias contáronlles varios contos da biblioteca infantil, ensináronlles os espazos e materiais, faláronlle dos programas e dos usuarios e usuarias da biblioteca do Ágora e das outras bibliotecas municipais, e falaron da importancia da coordinación coas asociacións, escolas e colexios da zona, así como o poder achegar a cultura a todas e todos e de adaptarse aos usuarios/as e ás súas características e necesidades.
 
Acabou sendo un día longo pero moi interesante!
Visita a Coruña 1 Visita a Coruña 2 Visita a Coruña 3
Visita a Coruña 5 Visita a Coruña 4 Visita a Coruña 6
Visita a Coruña Visita a Coruña 8 Visita a Coruña 9
Visita a Coruña 10 Visita a Coruña 11 Visita a Coruña 12
Visita a Coruña 13 Visita a Coruña 13 Visita a Coruña 15

Apoio á folga de educadoras infantís

Apoio á folga de educadoras infantís do 21 de maio

O alumnado do ciclo de Formación Profesional en Educación Infantil do IES de Chapela solidarízase coas educadoras infantis (0-3) en folga a prol de visibilizar a precariedade laboral na que están mergulladas.

A firma do novo convenio este mércores 22 de maio, no que se perpetúa a súa condición de desvantaxe fronte a outros colectivos cunha formación equivalente, non ten visos de darlles opción a saír a flote.

É por iso que están en loita para reivindicar un salario digno e coherente co seu labor nas escolas infantís, un labor de atención directa ás crianzas, de coidado e acompañamento no proceso de descubrir o mundo das nenas e nenos nun período tan relevante como os tres primeiros anos de vida.

É por iso que desde o IES Chapela nos solidarizamos, pois somos testemuñas do esforzo e a implicación do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil que desexa ser, máis que ningunha outra cousa, educadora infantil.

E porque queremos futuro, somos conscientes de que hai que coidalo desde o aquí e agora.

Por un traballo digno, por unha educación infantil de calidade.

Sororidade!

Solidariedade!

Folga educadoras infantís Folga educadoras infantís

Vivindo o barrio

O alumnado do primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Superior en Educación Infantil do réxime ordinario puxeron en marcha a última acción da actividade Vivindo o Barrio.

Nesta ocasión o alumnado, en pequenos grupos, acudiu aos diferentes centros educativos da contorna (CEIP Frián-Teis, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Laredo e CEIP Igrexa) para implementar as actividades deseñadas polos mesmos, na xornada matutina do pasado 10 de abril.

Os diferentes grupos foron acompañados polas alumnas do Máster en Profesorado que cursan as súas prácticas no IES Chapela, máis concretamente no Departamento de Servizos á Comunidade.

Dende o Departamento queremos agradecer a todos os centros educativos de Chapela a súa colaboración, facilitando ao alumnado contextos de actuación próximos ao seu futuro profesional.

Vivindo o barrio 1
 
Vivindo o barrio 2

Visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O pasado mércores 10 de abril, o alumnado do Ciclo de Educación Infantil do réxime de persoas adultas visitamos a exposición da XX Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, onde puidemos achegarnos a unha ampla variedade de propostas literarias para a infancia en lingua galega e portuguesa, presentadas arredor do fío condutor da revolución. E ao rematar, complementamos a nosa saída cun roteiro turístico para a infancia polo casco vello da cidade. Tivemos moita sorte de que nos acompañase o bo tempo!

 

Salon do libro 1
Salón do libro 4 Saló do libro 5
Salón do libro 2 Salón do libro 3

Saída ao Espazo Educativo Foresta

O alumnado de primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Superior en Educación Infantil visitou, o pasado día 11 de marzo, o Espazo Educativo Foresta.

Trátase dun recurso de iniciativa social sen ánimo de lucro que aporta ás crianzas unha alternativa educativa diferenciada da oferta regrada.

O alumnado interactuou con todos os recursos do espazo, especialmente con aqueles naturais exteriores, que aportan significatividade e identidade a Foresta.

As persoas educadoras que desempeñan a súa labor profesional no centro resumiron a súa función e deron resposta ás múltiples cuestións do alumnado.

 Saída a Foresta

TSEI - APERTURA DAS LISTAS DA XUNTA para TS Educación Infantil

Xa están abertas as listas da Xunta para que os apuntedes como TSEI 

Prazo: ata o 15 de xullo.

DOG nº 42 - Xoves 28 de febreiro de 2019

Para anotarse entrade na Web da xunta

 https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/informacion-xeral?langId=es_ES 

 

O voso grupo e categoría é:

Grupo III Categoría 050

 

Técnico/a especialista xardín de infancia a) Técnico superior en educación infantil ou equivalente ou b) Profesionais que sen ter ningunha das titulacións referidas presenten certificado expedido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de realización do curso de habilitación para profesionais do primeiro ciclo de educación infantil

Celga 4

 

Nos anexos tendes toda a información.

 

2.- Que se está a falar da posibilidade de que haxa oposicións para TSEI no 2020. (podedes contactar coas academias, sindicatos, etc, p.ex. unha academia que impartiu unha charla de orientación laboral no noso centro foi PREMIR-Vigo).

 

Visita a colexios da zona

"Os días 12 e 13 de marzo o alumnado de 1º de Educación Infantil participou durante toda a mañán nas aulas de infantil de 3 a 6 anos dos colexios: CEIP Frián-Teis, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Laredo e CEIP Igrexa.
A experiencia foi magnífica e queremos agradecer a todo o profesorado, equipos directivos e nenos e nenas dos centros a gran acollida que nos brindaron. No seguinte trimestre voltaremos coas mans cheas de xogos e actividades para facer disfrutar ás crianzas!!!"
 
 Visita a coles 3  Visita a coles 2
 Visita a coles 1  Visita a coles 4
   

Visita a MilRamas e Gándara International School

O pasado mércores 13 de marzo, o alumnado do Horario 2 do Ciclo de Educación Infantil do réxime para persoas adultas do IES de Chapela fixemos unha visita aos espazos MilRamas e Gándara International School en Gondomar. Deste xeito, puidemos achegarnos desde dentro a outras formas de educar e acompañar as crianzas no seu proceso de crecemento sobre a base do respecto ás súas necesidades e intereses. Moitas grazas a Iago por facernos de anfitrión con tanta amabilidade.

 Visita Educación Infantil 1  Visita Educación Infantil 2
 Visita Educación Infantil 3  Visita Educación Infantil 4

OFERTA EMPREGO - COIDADORAS INFANTÍS

A entidade Mulleres Progresistas presenta unha oferta de emprego de

COIDADORAS INFANTÍS

Para traballar nos programas que desenvolvemos de atención domiciliaria á infancia.

Perfil demandado:

- Tituladas en Ciclo Superior de Educación Infantil ou Maxisterio en Educación Infantil.

- Imprescindible ter certificado actualizado de non ter delitos de natureza sexual.

- Valorarase experiencia no coidado de menores.

Interesadas enviar o curriculo a: info@mulleresprogresistas.org

 

Distribuir contido