Solidariedade

Solidarias, solidarios

A solidariedade é a tenrura dos pobos, dixo a poeta nicaraguana Gioconda Belli. Se este é un valor que debe estar sempre presente nas nosas vidas, hoxe máis. Deixaremos iniciativas que nos vaian chegando ou que nos transmitades a través do correo.

 

Acolle (Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social)

A entidade Acolle (Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social) solicita  que desde os centros con oferta no ámbito sociosanitario, se dea traslado ao alumnado de cursos académicos pasados ou, do curso actual que estea a cursar o segundo curso do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia ou do ciclo de Coidados auxiliares de enfermaría, para que dentro da voluntariedade do alumnado, poida colaborar na asistencia a persoas maiores e con discapacidade que se encontran nun momento crítico na loita contra a pandemia ocasionada polo COVID-19. Máis información.

 

Bolsa de Recursos Humanos para Persoas con Discapacidade Intelectual e Persoas Maiores

Se estás interesada ou interesado cubre os datos seguintes e envíaos a familias@fademga.org :

  • Nome e apelidos / Tfno. contacto / Localidade / Perfil (voluntario, coidado-a...) / Correo electrónico
  • Ofrécese para: a) Atención en residencia terceira idade / b) Atención en residencia PCDI / c) Apoios puntuais PCDI / d) Tarefas diversas de apoio: compras, medicamentos

Eunice Mosquera Arnoso - Directora Técnica de Special Olympics Galicia - Tfno.: 981 51 98 15 / Móbil: 608 182 739 / eunicemosquera@specialolympicsgalicia.org

 

Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia - ASEIA

Mentres dure o estado de alarma, ASEIA pon en marcha un "Servizo de primeiros auxilios emocionais para adolescentes entre 12 e 18 anos e coidadores de nenas/os de 0 a 11 anos" que será atendido por profesionais da psicoloxía, traballo social, enfermería e educación social, voluntarios con formación específica en saúde emocional na infancia e a adolescencia. A atención realizarase telefonicamente e será gratuíta. O obxectivo deste servizo é dar cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, educativa e social a adolescentes e coidadores/as de menores de 11 anos, que se atopen con dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de distanciamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia Covid-19. Para demandar apoio pódese enviar un mail a aseia.galicia@gmail.com ou chamando ao 622245545. Axuntamos cartaz informativo.

 

Concello de Redondela

Se es unha persoa maior, estás só ou soa, ou pertences a algún colectivo de risco e precisas axuda, chama ao departamento de Servizos Sociais do concello de Redondela. Tfno.: 986 402 608 - De luns a domingo, de 9:00 a 14:00. #estamos con vós

O Concello pon a disposición da cidadanía un servizo telefónico de escoita activa, principalmente dirixido a persoas de avanzada idade e a colectivos vulnerables aos que o confinamento lles supoña ter que enfrontarse a situacións de soidade, illamento, medo, incerteza... e que precisen dun servizo de escoita activa. Tfno.: 986 401 713 - De luns a venres, de 9:00 a 14:00.  

 

Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo

Ante a emerxencia sanitaria que estamos vivindo, desde a Oficina Municipal de Voluntariado estamos pondo en marcha o voluntariado ao fin de apoiar, sobre todo, as persoas maiores e dependentes. Se queres colaborar nesta ocasión, debes cubrir o seguinte formulario para actualizar os teus datos: https://forms.gle/LH45PiJzf1Ly8HUu6
 
Alba Bugarín
Oficina Municipal de Voluntariado
986 810 213
604 069 272
Distribuir contido